MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Os voluntarios de Protección Civil rescataron unha gaivota en San Martiño Pinario
Voluntarios de Protección Civil de Santiago rescataron unha gaivota que estaba atrapada no interior da Hospedería San Martiño Pinario.
DEPORTE
Todo listo para a celebración da Gladiator Race este sábado no Monte do Gozo
A concelleira de Deporte, Noa Morales, participou na presentación da Gladiator Race, carreira de obstáculos que se celebrará este sábado 27 de xuño no Monte do Gozo. A proba contará con máis de 1.800 participantes.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Máis de 150 nenos e nenas participan no Programa Municipal de Conciliación de Verán
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Verán, no que participan 157 nenos e nenas, un 50% máis que na edición de 2014. Estivo tanto no CEIP As Fontiñas como no CEIP Raíña Fabiola, os dous centros nos que se realiza este campamento lúdico e educativo.
DEPORTE
A Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, realizou un ano máis a súa tradicional ciclomarcha a Compostela
A concelleira de Deporte, Noa Morales, recibe no salón vermello de Raxoi os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, ao concluír a XXVIII edición da súa ciclomarcha a Compostela.
DEPORTE
Santiago acolle do 24 ao 27 de xuño o II Jamboree Nacional de Clubs de Minibasket
O Pavillón do Restollal acolle do 24 ao 27 de xuño o II Jamboree Nacional de Clubs de Minibasket. A concelleira de Deporte, Noa Morales, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, ofreceron en rolda de prensa os detalles deste evento, que reúne 24 equipos (12 masculinos e 12 femininos) e unhas 360 persoas.
ALCALDÍA
Compromiso de Fomento para iniciar este luns as obras do paso inferior de Conxo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou que as obras do paso inferior de Conxo comezarán o vindeiro luns e que a partir do mércores xa haberá maquinaria pesada traballando na zona. Este é, cando menos, o compromiso manifestado polo director da obra, en representación do Ministerio de Fomento, na reunión mantida esta mañá, na que tamén participaron os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Convivencia, Xan Duro.