ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca a contribución do programa educativo europeo Comenius a "difundir a importancia de manter e conservar o patrimonio público"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, abriu as Xornadas do V Encontro Comenius, programa educativo de intercambio no que participa o IES Xelmírez I.
ECONOMÍA
Concello e Colexio de Avogados renovan o servizo para promover acordos na renovación de alugueres de locais comerciais
A concelleira de Economía, Reyes Leis, e o presidente do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira, asinaron esta mañá en Raxoi a renovación do convenio de colaboración do Concello co Colexio de Avogados para a promoción de acordos a respecto dos alugueres de locais comerciais.
DEPORTES
A Andaina dos 50 Km ofrece a oportunidade de practicar deporte gozando das paraxes máis atractivas do entorno de Compostela
Este sábado 9 de maio celebrarase a XI Andaina dos 50 Km de Santiago de Compostela, organizada polo Club Deportivo Fontiñas coa colaboración do Concello de Santiago. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deportes, María Corral.
ALCALDÍA
Auryn, Kusturika, La Pegatina ou Kitty, Daisy & Lewis, algúns dos nomes destacados dunhas Festas da Ascensión con propostas para todos os públicos
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura, María Antón, presentaron o programa das Festas da Ascensión, que se celebrarán do 13 ao 17 de maio. O calendario ofrece unha ampla gama de propostas, na que destaca a presenza de nomes como Auryn, Emir Kusturika, La Pegatina, Kitty, Daisy & Lewis, Moreno Veloso ou Guadi Galego.
ALCALDÍA
O alcalde cualifica de "boa noticia" a evolución do paro en abril, que sitúa a cidade por debaixo dos 8.000 desempregados
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, expresou a súa satisfacción polos datos do para do mes de abril, no que a cidade se situou por debaixo dos 8.000 desempregados. Este foi o mes de abril de maior descenso na serie histórica.
CONSORCIO
A soprano estadounidense Heidi Melton, considerada como a grande intérprete actual do repertorio de Wagner, canta esta semana coa Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves, a orquestra desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación ás 20:30 horas. E o venres tocará en Santiago, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director titular da orquestra, Paul Daniel.
CULTURA
Aporía Escénica presenta "30 e tantos ósos" dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués
A compañía pontevedresa Aporía Escénica presenta, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués, 30 e tantos ósos, a partir de textos e materiais de creación colectiva. Será este mércores 6 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. As entradas teñen un prezo de 10 euros, ou de 7 se se adquiren co Bono. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), no 902 434 443 ou na páxina web entradas.abanca.com.