CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Imos de excursión 2015" programa unha visita a Cortegada e Cambados
A Concellería de Cultura continúa co calendario de actividades dos centros socioculturais. Desta vez, no marco do programa Imos de excursión 2015, organízase unha visita á illa atlántica de Cortegada e a Cambados o domingo 14 de xuño.
CONSORCIO
Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen un concerto no Paraninfo da USC
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa A Escola na Cidade, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.
CULTURA
O Teatro Nacional Dona María II de Lisboa presenta en Santiago o seu "Saxo tenor" dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués
A concelleira de Cultura, María Antón, e o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá a versión de Saxo tenor, de Roberto Vidal Bolaño, que porá sobre as táboas do Teatro Principal a compañía lisboeta Teatro Nacional Dona María II neste mes de maio. Na presentación estiveron acompañados polo director do Centro Dramático Galego, Manuel Guede; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e o director da obra,...
CONSORCIO
O Consorcio conmemora o Día Internacional dos Museos coa entrega de publicacións a quen visite a Casa do Cabido este martes
O Día Internacional dos Museos celébrase este luns. Con motivo desta conmemoración, o Consorcio de Santiago entregará publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido ao longo da xornada deste martes -posto que os luns permanece pechada-, tanto a adultos como ao público infantil e xuvenil.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade como destino de congresos, xornadas e eventos profesionais no mercado alemán
Turismo de Santiago promocionará a cidade no IMEX de Frankfurt, o evento profesional máis importante de Alemaña no sector de Congresos, Xornadas e Incentivos, que se celebra en Frankfurt do 19 ao 21 de maio. A entidade municipal participará a través do seu servizo para a promoción da cidade como destino de Congresos, o Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB).