FESTAS
Segue aberta a inscrición para poder acompañar as carrozas da música infantil galega na Cabalgata de Reis
Os obradoiros para poder acompañar as carrozas musicais da Cabalgata de Reis deste Nadal en Santiago de Compostela comezarán xa a finais desta semana. Para poder participar, é necesario que tanto nenas e nenos como adultos interesados se inscriban poñéndose en contacto canto antes cos diferentes centros socioculturais do Concello onde se van impartir os obradoiros.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O IES Eduardo Pondal gaña o programa para escolares Aula de Patrimonio co traballo "Compostela Intercultural e Patrimonial"
O IES Eduardo Pondal foi o elixido para representar aos centros de ensino de Educación Secundaria de Santiago no programa Aula de Patrimonio, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
DEPORTE
A San Silvestre deste 2015 terá a saída e a chegada na praza do Obradoiro
O Concello de Santiago organiza xunto coa Federación Galega de Atletismo a III Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela, que terá lugar o vindeiro 31 de decembro ás 18:15 horas. Esta proba continúa co labor de concienciación da Concellaría de Deporte sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns e cidadás.
BENESTAR ANIMAL
Xa hai gañadora do I Certame de Creación "Un animal non é un xoguete"
Ás portas do Nadal, a Concellaría de Mocidade e Benestar Animal puxo en marcha unha campaña de concienciación para que a cidadanía sexa responsable á hora de facer os seus agasallos. Baixo o lema "Un animal non é un xoguete", o cartel da campaña foi elixido nun certame de creación no que resultou gañadora Carlota Batallán.
NADAL
O Palacio de Congresos de Santiago acolle "Diver Nadal" do 26 ao 30 de decembro
O Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago abre as súas portas do 26 ao 30 de decembro para ofrecer unha nova edición de Diver Nadal, un espazo onde as familias poderán gozar cos máis peques da casa (ata os 12 anos).
ALCALDÍA
O alcalde felicita o Nadal aos representantes da cidadanía compostelá
O alcalde de Santiago presidiu a recepción cidadá que tradicionalmente se celebra no Pazo de Raxoi nas xornadas previas ao Nadal. Martiño Noriega quixo trasladarlles os seus mellores desexos para estas datas e para o novo ano ás ducias de persoas que acudiron ao acto: representantes da veciñanza, de colectivos empresariais, de entidades culturais, da Igrexa ou da Universidade. Ademais, o alcalde comprometeuse a "manter abertas as liñas de diálogo e colaboración cos distintos sectores da veciñanza, recuperar a súa...