ALCALDÍA
O alcalde abre unha nova xornada para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible 2014-2020
Numerosas entidades da cidade, grupos políticos, expertos en urbanismo e asociacións déronse cita este mércores no Auditorio de Galicia para seguir artellando a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible 2014-2020.
TURISMO
O concurso Santiago(é)tapas superou as 31.000 tapas consumidas
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e os presidentes da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos e José Antonio Riveiro, valoraron moi positivamente os resultados da oitava edición de Santiago(é)tapas, que por primeira vez se organizou de maneira conxunta entre Turismo de Santiago e a Asociación. Na rolda tamén participou Javier Míguez, un dos organizadores do Camiño das Burbullas. Ruta dos Escumosos Galegos, nova proposta para estas datas de Nadal.
CONVIVENCIA
O Goberno municipal renovará os vehículos da Policía Local de Santiago
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vén de poñer en marcha o procedemento necesario para renovar o parque móbil da Policía Local, coa dotación de nove novos vehículos a través do sistema de renting. A proposta irá ao pleno do próximo luns, porque así o sinala o regulamento ao tratarse dun pago que o Goberno local quere realizar en cinco anualidades.
CONVIVENCIA
Goberno local e Bombeiros reflexionan sobre a posible comarcalización do servizo
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia mantivo esta mañá unha xuntanza co Comité de Empresa dos Bombeiros e co xefe do Corpo, Xesús Martínez. Foi un máis dos encontros que Xan Duro vén mantendo co colectivo, co obxectivo de analizar a posibilidade de prestar un servizo de emerxencias de carácter intermunicipal.
DEPORTE
Entregados os premios da IV edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan
A IV Edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan chega á súa fin coa entrega de premios, que se produciu nunha gala celebrada no Auditorio de Galicia.
PLENO
Aprobado por unanimidade un expediente de modificación de crédito para pagar facturas pendentes da pasada lexislatura
O Pleno da Corporación aprobou esta tarde, nunha sesión extraordinaria, un expediente de modificación de crédito por un importe de 653.157,67 euros. A proposta saíu adiante por unanimidade dos catro grupos municipais.
POLÍTICAS SOCIAIS
Cen alumnos e alumnas do IES Antón Fraguas participan nunha charla sobre a experiencia vital dun recluso
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, participou esta mañá dunha charla-coloquio organizada pola coordinadora do barrio das Fontiñas e o Departamento de Políticas Sociais do Concello. Neste coloquio achegouse a 100 mozos e mozas a situación de dous presos do cárcere do Pereiro de Aguiar, en Ourense, que participan das actividades de inserción sociolaboral promovidas por esta asociación.