ACCIÓN CULTURAL
A Cabalgata de Reis 2016 será máis participativa que nunca e estará dedicada á música infantil galega
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou a Cabalgata de Reis 2016, que este ano será "máis democrática, participativa e popular". Os nenos e nenas de Santiago poderán participar no percorrido como paxes, como integrantes do tren ou como parte da animación que acompañará a varias carrozas. Ademais, a deste ano será unha cabalgata temática, dedicada á música infantil galega.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicada a listaxe de admitidos no Programa Municipal de Conciliación para o Nadal 2015
Finalizado o prazo para a solicitude de participación no Programa de Conciliación Laboral e Familiar para o Nadal 2015, a Concellaría de Educación e Cidadanía fai pública a listaxe de admitidos/as e excluídos/as. De todos os xeitos, continúa aberta a inscrición no programa ata cubrir as prazas vacantes.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Concellaría de Educación e Kalandraka convocan o IX Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
A Concellaría de Educación e Cidadanía, en colaboración coa editorial Kalandraka, convoca o IX Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 7 de marzo de 2016 e o fallo do xurado coñecerase en abril, coincidindo co mes do libro e durante a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura.
MEDIO AMBIENTE
O Centro de Interpretación Ambiental de Belvís reabre as súas portas cunha ampla oferta de actividades para 2016
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta este mércores da reapertura do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, en Belvís, e presentou o programa de actividades para os vindeiros meses. Fíxoo acompañado de Paula Lubián, responsable de proxectos de Feitoría Verde, a cooperativa que se encargará de xestionar o CIAC.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Programa Municipal de Intervención Socioeducativa remata coa entrega de diplomas aos grupos participantes
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, estivo esta mañá no Centro de Atención e Benestar Social do Concello (CABES) para facer a entrega dos diplomas aos case 30 participantes do Programa Municipal de Intervención Socioeducativa.
ACCIÓN CULTURAL
O Chicago Mass Choir estará o vindeiro luns no Auditorio co seu tributo a B.B. King
O Chicago Mass Choir, dende o respecto e a fidelidade á tradición do gospel, presenta no Nadal do 2015 A spiritual tribute to B.B. King, unha sentida homenaxe ao rei do blues e lenda da música popular americana. Será o vindeiro luns, 21 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. As entradas teñen un prezo de 20 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, no 902 434 443, en entradas.abanca.com e o propio día do concerto no despacho de billetes do.../em>
ACCIÓN CULTURAL
Funboa Escénica presenta "Sushi gratis" da man de Cristina Balboa e Lúa Gándara
Funboa Escénica presenta Sushi gratis, da man de Cristina Balboa e Lúa Gándara este xoves 17 de decembro, dentro da programación de Teatro da Concellaría de Acción Cultural. Será no Teatro Principal ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 10 euros e están xa á venda no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 h), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.