ACCIÓN CULTURAL
Cedric Burnside, considerado o mellor batería de blues do mundo, en Compostela
O gañador en catro ocasións do galardón a mellor batería do mundo no Blues Music Awards, Cedric Burnside aterra por primeira vez en España presentando o seu novo disco: Descendants of Hill Country. Estará en Compostela este venres, 20 de novembro, ás 21:30 horas, na Sala Capitol, enmarcado dentro do ciclo Blues Nite.
MOCIDADE E FACENDA
Cine ao aire libre e accións sobre a violencia de xénero lideran o ranking de propostas do piloto de orzamentos participativos
O piloto de orzamentos participativos chega á súa última fase, na que os técnicos de Mocidade avaliarán as propostas que obtiveron maior puntuación para comprobar a súa viabilidade executiva e económica.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Novas citas este domingo coa programación familiar "12 doces de outono"
A Concellaría de Acción Cultural continúa coas actividades do programa 12 doces de outono nos centros socioculturais. Este domingo, 22 de novembro, haberá novas propostas escénicas para público familiar, combinadas coa degustación, ao remate das funcións, de doces do outono elaborados polos veciños en obradoiros previos nos centros socioculturais. A entrada aos espectáculos é de balde, suxeita unicamente á capacidade das salas.
POLÍTICAS SOCIAIS
Unha charla sobre as persoas refuxiadas sirias abre as actividades da campaña de sensibilización Xunt@s Facemos Compostela
Hoxe xoves, ás 19:00 horas, terá lugar na Facultade de Historia da Universidade de Santiago a primeira charla da campaña Xunt@s Facemos Compostela, que organiza o Concello de Santiago xunto coa Asemblea de Cooperación pola Paz.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu a Asociación de Veciños Amigos de San Pedro
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a asociación de veciños Amigos de San Pedro, presidida por Regina Quiñoy.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Concellaría de Educación abrirá o 28 de novembro o prazo de inscrición e matrícula no programa de conciliación do Nadal
A Concellaría de Educación e Cidadanía ten previsto realizar un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Nadal 2015 (21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro 2015; e 4 e 5 de xaneiro de 2016). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver nas instalacións do CEIP As Fontiñas e do CEIP Raiña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en Educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.
IGUALDADE
Máis de 230 comercios da cidade vístense de loito na campaña "Compostela en Negro" contra a lacra das violencias machistas
Hoxe xoves deu comezo a campaña Compostela en Negro, organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Santiago e coa colaboración da deseñadora Uqui Permui, encargada de levar a cabo a campaña.
ACCIÓN CULTURAL
Estrea en Cineuropa da premiada "La academia de las musas" coa presenza do seu director, José Luis Guerín
O Teatro Principal acollerá ás 20:00 horas deste venres ao recente gañador do SEFF (Festival de Cine Europeo de Sevilla), José Luis Guerín, e a estrea de La academia de las musas, primeiro filme español galardoado co Giraldillo de Ouro.
TURISMO
Marta Lois participou na Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio
A sede da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) acolleu este xoves a xuntanza da Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A concelleira de Turismo, Marta Lois, participou na reunión xunto con edís das outras 14 cidades da rede: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.