CULTURA
Curtocircuíto reunirá en Compostela grandes nomes do cinema internacional
Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes, mostrará máis de 120 filmes entre o 6 e o 11 de outubro, a proxectarse no Teatro Principal e na Zona C. Baixo a xestión de Pela del Álamo, o Festival propón un novo modelo compacto, de calidade, e con vocación internacional.
TURISMO
Santiago promociónase en Brasil e Xapón
Turismo de Santiago participa nesta semana nas principais feiras turísticas de Brasil e Xapón, a ABAV e a JATA respectivamente. Brasil e Xapón son dous países nos que cada vez hai un maior coñecemento e interese polo Camiño de Santiago e por Santiago. Brasil sumou no ano 2013 máis de 2.400 peregrinos e Xapón máis de 6.000 pernoctacións nos hoteis de Santiago, datos que reflicten o peso que poden ter ambos mercados na cidade.
ALCALDÍA
O alcalde establece como eixes do orzamento de 2015 a blindaxe do gasto social, os investimentos e a rebaixa da presión fiscal
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, mantivo esta mañá unha reunión de coordinación cos concelleiros do grupo de Goberno municipal, co fin de preparar os orzamentos de 2015. O encontro, celebrado no edificio Cersia, en San Lázaro, serviu para poñer en común as diferentes necesidades dos diferentes departamentos. Os orzamentos do novo exercicio terán como prioridade a blindaxe do gasto social e en educación, os investimentos e a rebaixa da presión fiscal.
TURISMO
Área Santiago premiou as mellores imaxes do verán cun concurso a través das redes sociais
O xurado do concurso fotográfico de Área Santiago reuniuse hoxe no edificio municipal Cersia para elixir as catro imaxes gañadoras de entre as 138 que se presentaron á competición. Os autores das fotografías recibirán como premio paquetes turísticos valorados en 500 euros.
CULTURA
Florian Boesch interpretará o "Winterreise" de Schubert en substitución de Dorothea Röschmann no Ciclo de Lied
Por motivos de saúde, a soprano Dorothea Röschmann non poderá estar mañá en Compostela, tal e como estaba previsto, na programación do Ciclo de Lied. Será substituída polo barítono austríaco Florian Boesch, que interpretará o Winterreise (Viaxe de inverno) de Franz Schubert. A obra está considerada un dos máximos expoñentes da historia do lied. O concerto, no que Boesch estará acompañado ao piano por Roger Vignoles, será este martes, ás 20:30 horas, no Teatro...
TURISMO
Francis Paniego, Diego Guerrero e Luis Veira comparten as súas experiencias en Compostela Gastronómica
Francis Paniego abriu a programación do luns de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, co relatorio titulado Tradición e evolución, cuxo eixe principal foi a busca do equilibrio entre cociña tradicional e moderna. O recoñecido xefe de cociña rioxano, galardoado en 2012 co Premio Nacional de Gastronomía e cuxo restaurante, El Portal de Echaurren, ostenta actualmente 2 estrelas Michelin, compartiu co público asistente a súa filosofía gastronómica, baseada na fidelidade.../em>