CENTROS SOCIOCULTURAIS
O ciclo de teatro afeccionado "FEGATEA Móvete" estrea a programación estable da Sala Agustín Magán, no CSC de Santa Marta
A Concellería de Centros Socioculturais únese ao circuíto de teatro afeccionado FEGATEA Móvete 2013 acollendo catro representacións os días 14, 21 e 28 de setembro e 5 de outubro. Terán lugar na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta e no Centro Sociocultural de Vite.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba os prezos das actividades de pago dos centros culturais e a achega para o financiamento da UMAD
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou a memoria de actividades dos centros socioculturais para os vindeiros meses, así como a achega que permitirá seguir financiando as actividades da UMAD. Ademais, deu o visto bo a catro subvencións directas.
TURISMO
Santiago aposta por atraer producións audiovisuais de Xapón e Corea do Sur
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, reuniuse coa responsable da Oficina Española de Turismo (OET) en Tokio, Beatriz Marco, responsable da promoción de España non só en Xapón, senón tamén en Corea do Sur, un mercado no que o Camiño de Santiago está consolidándose con forza e que, como no caso de Xapón, representa unha oportunidade importante para a cidade.
CULTURA
Catro novas propostas no Blues Nite para o último trimestre do ano
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do Blues Nite para o último trimestre do ano. En setembro, o día 20, estará na Sala Capitol a Vargas Blues Band e en outubro poderemos escoitar a Carvin Jones o día 30 tamén na Capitol. Decembro será o momento para o blues con denominación de orixe galega e chegará á cidade The amazing blues caravan, o día 6, con Dixie Town, Thee Blind Crows e Psychotic Acid Freek, Xa no Nadal, pero coa data e lugar.../em>
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Comeza o Obradoiro de creación literaria "Da memoria ao poema"
O sábado 14 de setembro comeza o obradoiro de creación literaria que organiza a Concellería de Normalización Lingüística coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega.