CIDADE HISTÓRICA
Aprobado o prego dos traballos de revisión do Plan Especial da Cidade Histórica
A Xunta de Goberno aprobou o prego de condicións da revisión do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Unha vez sexa publicado, abrirase o prazo para que as empresas aspirantes presenten as súas propostas, entre as cales decidirá a gañadora unha comisión integrada por seis expertos. A redacción desa modificación ten un custo de 452.000 euros, sufragados a partes iguais polo Concello e a Xunta de Galicia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O I Concurso de Graffitis permitirá decorar parte do muro exterior do Local Sociocultural de Pontepedriña
A Concellería de Centros Socioculturais pon en marcha o I Concurso de Graffitis en Entornos Socioculturais, organizado coa colaboración da Asociación de Veciños de Pontepedriña. Esta primeira edición do certame centrarase na intervención sobre pare do muro exterior do Local Sociocultural de Pontepedriña.
SOSTIBILIDADE
Concello e Medio Rural rozarán 380 quilómetros de camiños forestais
A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, anunciou a adxudicación pola Xunta de Goberno dos traballos de roza en camiños e superficies forestais do municipio. Actuarase sobre 380 quilómetros lineais e unha superficie de 152 hectáreas.
TURISMO
O Camiño de Santiago é, tras a obra de Gaudí, a temática española que máis interese xera no Instituto Cervantes de Tokio
O director do Instituto Cervantes de Tokio, Antonio Gil Carrasco, confirmoulle ao alcalde de Santiago, Ángel Currás, o interese crecente que o público nipón ten polo Camiño de Santiago. Segundo lle transmitiu nunha reunión celebrada hoxe, o Camiño de Santiago é o segundo tema que máis cuestións xera no Instituto Cervantes respecto a España, só superado pola obra de Gaudí. Estes datos confirman que o mercado nipón é unha oportunidade para Santiago, logo de que no 2012 se conseguisen as...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberta a XXVIII Semana Cultural de Conxo
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugurou a XXVIII Semana Cultural de Conxo, que se celebra do 10 ao 14 de setembro. Un ano máis, o programa trae unha variada oferta de actividades para todos os públicos.