DEPORTES
Compostela acolle a cuarta edición dos Premios Galicia á Xestión Deportiva
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e o presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), Eduardo Blanco, presentaron a gala dos IV Premios Galicia á Xestión Deportiva, que se celebrará o venres 8 de novembro ás 20:00 horas, no Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o novo director da Banda Municipal de Música de Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o novo director da Banda Municipal de Santiago de Compostela, Juan Miguel Romero Llopis.
EDUCACIÓN
O programa ENCIENDE promoverá a aprendizaxe da ciencia entre os escolares dos centros de ensino de Santiago
Os centros escolares de Santiago desenvolverán este curso o programa "ENCIENDE. Ensino das ciencias na didáctica escolar", un proxecto da Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE), financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade. O seu obxectivo é fomentar a aprendizaxe da ciencia entre o escolares dos centros de ensino de Santiago, ata os 14 anos, coa idea de transmitir aos máis novos a importancia do traballo científico, introducilos na súa metodoloxía e mesmo fomentar as...
DEPORTES
Recoñecemento a unha nova temporada de éxitos do Triatlón Arcade Inforhouse
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a segunda tenente de alcalde, Amelia González, recibiron en Raxoi a unha representación do club compostelán Triatlón Arcade Inforhouse.
FACENDA
Os contribuíntes teñen ata o 28 de febreiro para solicitar o pagamento en tres prazos do IBI no exercicio 2104
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, animou os composteláns a acudir á Oficina de Atención ao Contribuínte a solicitar o fraccionamento do pago do Imposto de Bens Inmobles. Para que este pagamento en tres prazos sexa efectivo no recibo de 2014, os contribuíntes teñen de prazo para solicitalo antes do 28 de febreiro.
ALCALDÍA
Unha mostra de acuarelas de Segundo Hevia inicia as actividades de homenaxe ao artista
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á inauguración dunha exposición de 80 acuarelas de Segundo Hevia na Fundación Novacaixagalicia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova cita con Compostela Cine Classics
A Sala Agustín Magán, no Centro Sociocultural de Santa Marta acolle a penúltima proxección do programa Compostela Cine Classics 2013. Será este venres, 8 de novembro, ás 20:30 horas.
TURISMO
Vueling conectará Santiago de Compostela con Bruxelas a partir do 3 de maio
Grazas á nova conexión con Bruxelas e ao incremento de frecuencias nas rutas existentes (Barcelona, Málaga, París e Zurich), Vueling incrementará a súa oferta en Santiago nun 22% con respecto ao verán anterior ofertando 265.000 asentos durante a temporada de verán 2014.
IGUALDADE
Concello e Xunta realizarán accións conxuntas en materia de loita contra a violencia de xénero e de igualdade
A concelleira de Muller e Igualdade, María Castelao reuniuse coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, coa que puxo en común as actuacións que se están a levar a cabo na loita e eliminación da violencia de xénero.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Centros Socioculturais e Ditea homenaxean ao director compostelán Agustín Magán
O alcalde, Ángel Currás, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asistiron ao acto de homenaxe ao actor e director teatral Agustín Magán (1918-1998) na sala que leva o seu nome no Centro Sociocultural de Santa Marta. Esta cerimonia forma parte da Semana Agustín Magán, que se celebra ata o 9 de novembro.