TRANSPARENCIA
O Concello de Santiago mantén o seu nivel de transparencia malia a maior esixencia informativa do ITA 2012
Vénse de publicar o Índice de Transparencia de los Ayuntamientos (ITA) 2012, elaborado pola organización Transparencia Internacional España e que mide o nivel de transparencia dos 110 maiores concellos de España. Este Índice situa a Santiago de Compostela no posto 50 e constata o mantemento dos niveis de transparencia do Concello, malia a maior esixencia informativa deste ITA 2012 respecto a edicións anteriores.
INFORMÁTICA
A Carpeta Cidadá incorporará en breve a descarga de certificados tributarios e novas posibilidades de autoliquidación
A Carpeta Cidadá da web municipal segue a incorporar novos trámites para achegar a Administración ao cidadán e facilitar as súas relacións coa mesma. Na actualidade, esta Carpeta conta xa con 1.600 usuarios rexistrados e en 2012 xestionou case 16.000 trámites.
DEPORTES
Adrián Varela reitera a aposta municipal por "proxectos deportivos sólidos" e pola "blindaxe do deporte base"
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, expresou en rolda de prensa a súa sorpresa e decepción ante a decisión de nove clubs da que compiten na Terceira División Autonómica de realizar folga. Neste sentido, explicou que estes clubs xa tiñan comprometida unha achega económica dun establecemento hostaleiro grazas ás xestións municipais, o 50% da cal van percibir este mesmo sábado.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Cita para os maiores co baile nos centros socioculturais e na Casa das Asociacións
A Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais organiza unha nova edición do programa Imos ao baile, dirixido fundamentalmente aos nosos maiores. Serán 27 bailes en 12 localizacións diferentes, que se desenvolverán ao longo de varios sábados do ano.
CULTURA
Teatro del Temple presenta "Luces de Bohemia" dentro do ciclo Teatro & Danza
Dentro da programación do ciclo Teatro & Danza, o domingo 27 poderemos ver Luces de Bohemia, de Ramón María del Valle-Inclán, posto sobre as táboas por Teatro del Temple. Será no Teatro Principal a partir das 20:00 horas. Con preto de 200 representacións e cunha extraordinaria acollida, Luces de Bohemia recibiu recentemente o Premio Valle Inclán outorgado pola Deputación de Pontevedra e foi nomeada aos premios MAX na categoría de "Mellor espectáculo revelación 2009".