FACENDA
O Concello non executará gastos en proxectos financiados mediante transferencias antes do ingreso das mesmas
A concelleira de Facenda en funcións, María Pardo, avanzou algúns datos da auditoría contratada polo Concello en outubro de 2011 para realizar un diagnóstico económico-financeiro e unha análise da situación de xestión e operativa do Concello e dos seus servizos. A mostra representativa de proxectos analizados deixa un balance de máis de 170.000 euros de dereitos incobrables e de máis de 1.428.000 euros gastados en proxectos con dereitos recoñecidos pero non ingresados.
DEPORTES
Santiago acollerá un curso de prevención e readaptación de lesións deportivas
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o Curso de Prevención e Readaptación de Lesións Deportivas, que se celebrará o sábado 9 e o domingo 10 de febreiro no novo Centro Sociocultural de Santa Marta. A inscrición abrirase o 21 de xaneiro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba novos investimentos en programas de inserción social, emprego e envellecemento activo
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, deu conta de varias subvencións que permitirán a posta en marcha de diversos programas en materia de envellecemento activo, inserción social ou prevención da drogododpendencia. Ademais, prorrogouse o contrato de atención domiciliaria á infancia por un ano máis.