CULTURA
O Festival dos Abrazos trae a arriscada proposta de Modulok Trío e o rock alternativo de Tapiporla
O Festival dos Abrazos segue o seu curso. Na xornada do sábado 14, vez para unha das propostas do Abrazos OFF, da man da banda Modulok Trío. E para a noite, rock alternativo con Tapiporla.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Parten cara Sarreaus (Ourense) os participantes en "AnimaLingua"
O vindeiro luns, 16 de agosto, ás 9.30 horas, os 30 participantes no campamento de verán AnimaLingua, partirán dende a dársena de autobuses de Xoán XXIII rumbo ao Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", en Sarreaus (Ourense). A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, estará alí para despedir aos rapaces e rapazas, e para conversar cos pais e monitores.
EMPREGO
Máis de 3.000 persoas inscritas na Plataforma de Intermediación Laboral da Concellaría de Promoción Económica
O Servizo Local de Emprego da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo ten no seu aplicativo informático, denominado Plataforma de Intermediación Laboral, 3.361 persoas inscritas. No primeiro semestre do ano, o servizo ofrecido pola Concellaría recibiu 861 novas solicitudes. Destas persoas, 527 son mulleres, o que representa o 61,2% do total, e 334 homes, o 38,8%.