BENESTAR SOCIAL

O alcalde salienta a disposición do Concello á hora de ceder terreos para a construción de novas residencias para maiores

16/11/2007

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado de membros da corporación, asistiu á inauguración do Centro de Atención a Persoas Maiores de Volta do Castro, sita nunha parcela cedida polo Concello, na rúa Ildefonso Sánchez Mera, número 7. No acto inaugural, o rexedor fixo fincapé en que se seguirá traballando dende as administracións públicas para dotar a Santiago de máis residencias públicas para a terceira idade.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

78 usuarios do Crear IV xa accederon ao mercado laboral

16/11/2007

78 usuarias/os do Proxecto Crear IV, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, accederon xa ao mercado laboral desde que comenzou o programa, en xuño do 2007. Esta cifra representa un 39% do total de participantes, só un punto por debaixo do 40% fixado como obxectivo pola Xunta de Galicia, cando aínda quedan catro meses para rematar o programa. Das 78 persoas inseridas laboralmente 54 son mulleres e 24 homes. No programa participan 200 desempregadas/os, 132, o 66% son mulleres, e 68, o 34%, son homes. ...

Leer más
Compartir: