SANIDADE

A Asociación Compostelá de Diabéticos fai fincapé este ano na detección da enfermidade en nenos e adolescentes

14/11/2007

Como cada 14 de novembro, xornada na que se celebra o Día Mundial da Diabete Mellitus, a Asociación Compostelá de Diabéticos leva a cabo unha serie de actividades divulgativas entre a poboación coa finalidade de dar a coñecer mellor a enfermidade.
Con este motivo, instalaron unha mesa informativa na praza do Toural ata a que se achegou o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Benestar Social, Mar Martín, para apoiar a iniciativa da asociación compostelá.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O 19 de novembro celébrase en Santiago unha xornada de iniciación en Internet para PEMES

14/11/2007

A entidade pública empresarial Red.es dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e coa Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre desenvolverá o 19 de novembro unha xornada de formación para pemes en Santiago, coa finalidade de facilitar a súa incorporación á sociedade da información. A iniciativa enmárcase no Programa NEW (Ningunha Empresa sen Web) do Plan Avanza. Ten como...

Leer más

URBANISMO

Compostela continúa o seu traballo de asesoramento turístico e arquitectónico en QuFu

14/11/2007

A concelleira delegada de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, o arquitecto do Consorcio de Santiago, Ángel Panero, e Iñaki Gaztelumendi, xerente de Turismo de Santiago, viaxan hoxe a China para supervisar o avance das propostas compostelás para a reordenación turística e patrimonial de Qu Fu. A delegación supervisarán o avance dos plans de desenvolvemento turístico e de recuperación urbana da Cidade Ming e participará no encontro trilateral ‘Protección e posta en valor da cidade histórica de QuFu’.

Leer más
Compartir: