EDUCACIÓN E DEPORTES

"Á auga patos" segue un curso máis a fomentar a práctica da natación entre os escolares composteláns

04/10/2007

Os concelleiros de Educación, Guadalupe Rodríguez, e de Deportes, Andrés Fariña, presentaron unha nova edición do programa de natación escolar "Á auga patos", que se desenvolverá dende primeiros de outubro ata o 30 de maio de 2008. A campaña , que leva a cabo a empresa Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos (XADE) porase en práctica inicialmente na piscina de Santa Isabel, e posteriormente na de Sar, unha vez rematen as obras nos seus vestiarios.

Leer más

CULTURA

Santiago Auserón, Mercedes Peón e Jane Birkin na segunda parte do ciclo "Sons da Diversidade"

04/10/2007

Os tres últimos meses do ano traen unha nova entrega de concertos do ciclo Sons da Diversidade. Santiago Auserón e a súa orquestra de jazz, Mercedes Peón e Jane Birkin serán os protagonistas destas actuacións, que de novo poñen de relevo a diversidade de propostas deste ciclo, tal como sinalou o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, na presentación. As entradas xa están á venda.

Leer más

COMERCIO

El Rincón del Aceite faise co primeiro premio da edición de outono do Concurso de Escaparatismo

04/10/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou aos tres premiados na edición de outono do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". En primeiro lugar clasificouse o estabelecemento de alimentación El Rincón del Aceite. En segundo lugar quedou a tenda de chocolates Chocolat Factory. E o terceiro premio foi para a tenda de marroquinería Media Lúa.

Leer más

URBANISMO

Aprobado definitivamente o PXOM de Santiago

04/10/2007

A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, comunicou ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a sinatura da orde de aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiago (PXOM). O alcalde e a concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, comparecerán o sábado 6, ás 12.00 horas, na Casa do Concello, para informar aos medios de comunicación dos contidos do documento.

Leer más
Compartir: