DEPORTES

Un novo libro dá a coñecer o deporte paralímpico e os seus valores

25/10/2007

No Colexio Maior Fonseca presentouse o libro "Tiempos Paralímpicos" ante un grupo de estudantes de Santiago. Este libro, promovido polo Comité Paralímpico Español e patrocinado pola Fundación Cultural Banesto, pretende dar a coñecer os valores do deporte paralímpico entre os máis novos.

Leer más

LINGUA

O Concello de Santiago, invitado a integrarse no Consorcio para a Planificación Lingüística

25/10/2007

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, reuniuse en Raxoi co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e coa concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez. O obxectivo da xuntanza era falar do que será o Consorcio para a Planificación Lingüística, no que, xunto á Administración autonómica, se integrarán concellos e deputacións.

Leer más

PLENO

Carlos Nieves tomou posesión como concelleiro

25/10/2007

O número 11 das listas socialistas nas últimas eleccións, Carlos Nieves, tomou posesión como concelleiro no Pleno Municipal. Trala renuncia de Francisco Candela, asume as funcións de concelleiro de Transportes e Mercados.

Leer más

URBANISMO

O Concello seguirá a defender a aprobación definitiva do PXOM na súa totalidade

25/10/2007

Na sesión ordinaria do Pleno deuse conta da orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, do 3 de outubro, sobre a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O Concello iniciará deste xeito os trámites para xustificar e defender aqueles puntos que non foron ratificados pola Xunta.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O taller de Belén Mosquera, a primeira empresa xurdida do Equal Compostela Social, celebra o seu desfile

25/10/2007

O venres 26 de outubro terá lugar o desfile-presentación do atelier de moda Prét-a-couture Belén Mosquera, a primeira empresa xurdida a través do Proxecto Equal Compostela Social, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Máis de 200 persoas xa recibiron a invitación para asistir ao acto, que se celebrará ás 21:00 horas no Café Casino (rúa do Vilar, 35). Entre as modelos que participarán na presentación, na que se poderán ver tanto traxes...

Leer más

ALCALDÍA

Santiago e Assisi uniranse a través dos seus camiños

25/10/2007

O Pleno municipal aprobou o irmandamento da cidade coa Comuna de Assisi. Os termos desta unión foran perfilados na reunión mantida polo alcalde co rexedor de Assisi, Claudio Ricci, o 3 de outubro, na cidade italiana. Alí asinaron un texto preliminar, no que no que se comprometían a constituír e revitalizar o Cammino di San Francesco, que unirá en ambos sentidos as dúas cidades.

Leer más

CIDADE HISTÓRICA

A concelleira da Cidade Histórica asegura que a colocación da rampla no edificio da SGAE era a única solución posible

25/10/2007

A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Socorro García Conde, compareceu no Pleno Ordinario, a petición do PP, para explicar a colocación da escaleira-rampla do edificio da SGAE. Na súa intervención indicou que a construción deste elemento era a única solución para garantir o dereito da plena accesibilidade pola porta principal para todas as persoas en igualdade de condicións.

Leer más
Compartir: