CAMIÑO DE SANTIAGO

Os mozos europeos apostan polo valor do Camiño como rede de cooperación e diálogo cultural

23/10/2007

A praza do Obradoiro acolleu a xornada institucional coa que se conmemoraron os vinte anos da declaración do Camiño de Santiago como primeiro Itinerario Cultural Europeo. Foi o marco onde se presentou a nova Declaración dos Itinerarios Culturais Europeos, na que os mozos europeos reiteran "a importancia de continuar o desenvolvemento dos Camiños de Santiago no conxunto dos territorios europeos, creando unha rede de cooperación coa participación de todas as autoridades involucradas".

Leer más

ALCALDÍA

A Comisión Executiva do Eixo Atlántico debatirá a adhesión de novas cidades

23/10/2007

Baixo a nova presidencia do rexedor de Vila Nova de Gaia, Filipe Menezes, que está a fronte do Eixo Atlántico dende o 22 de maio, celebrarase o mércores 24 en Vigo, a partir das 11:00 horas, unha Comisión Executiva á que o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudirá en calidade de vicepresidente provisional. Precisamente, un dos puntos da orde do día será elixir unha nova vicepresidencia para os próximos dous anos.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Máis de 300 persoas participan na II Xornada Emprende en Compostela

23/10/2007

Máis de 300 persoas inscribíronse na II Xornada Emprende en Compostela. Estas cifras son provisionais, xa que se trata dunha xornada aberta, cun programa de actividades variado, deseñado dun xeito práctico e didáctico para que as persoas inscritas poidan intervir e intercambiar experiencias e coñecementos. O encontro está dirixido aos interesadas en desenvolver un proxecto empresarial nos vindeiros anos e aos que están dando os seus primeiros pasos á fronte dunha empresa.

Leer más

ALCALDÍA

Estudantes de posgrao mexicanos fórmanse en Santiago

23/10/2007

Un grupo de nove alumnos mexicanos están formándose en Compostela no marco o do programa de posgrao que a Universidade de Anahuac de Xalapa (capital do Estado de Veracruz-México) e a Universidade de Santiago imparten conxuntamente. Todos eles, acompañados dunha profesora, foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Leer más
Compartir: