INCENDIOS
O Concello reactiva o operativo anti-incendios
O dispositivo contra os incendios activado en agosto púxose de novo en marcha, tralo agromo de novos incendios na xornada do xoves 31 de agosto. Os servizos de Bombeiros, Protección Civil, Policía Local e Cruz Vermella, apoiados polas empresas municipais Cespa e Aquagest, redobraron os seus esforzos e retomáronse as reunións de coordinación.
ALCALDÍA
A aprobación definitiva do PXOM, o impulso ao Plan Estratéxico e as infraestruturas marcan o novo curso político
Iníciase un novo curso político, con varios temas importantes que centrarán a actualidade municipal nos vindeiros meses. Así o recordou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, ao referirse á aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), ao impulso ao Plan Estratéxico e ás novas infraestruturas e vivendas.
VIVENDA
O sorteo dos pisos de Belvís celebrarase o venres 8 de setembro
A adxudicación dos pisos de Belvís celebrarase finalmente o venres 8 de setembro, ás 16:00 horas, no Pazo de Congresos. As listas poderán consultarse esa mesma tarde na sala do acto e, a partir do día seguinte, no Concello, na sé da Consellería de Vivenda e Solo en Santiago e na delegación provincial da Consellería.
CULTURA
Nordestin@s traslada a Compostela a súa viaxe musical pola costa norte
O Teatro Principal é o escenario escollido por Nodestin@s para gravar o seu disco e para ofrecer ao público compostelán o seu particular repertorio popular. A cita é o sábado 2, ás 22:00 horas.
CURTOCIRCUÍTO
Preto de 300 persoas asistiron en Bonaval á proxección das mellores curtas españolas de ficción
Arredor de 300 persoas estiveron no parque de Bonaval para contemplar o mellor do panorama español de ficción cegado a CurtoCircuíto, precedido pola música de Blue Mouse. A media noite, por causa da xeada e das nubes baixas, Bonaval iluminouse cunha luz estraña, que fixo que o público gozase doutro xeito do que estaba a saír na pantalla.