PROMOCIÓN ECONÓMICA

Unha nova guía para os emprendedores composteláns

01/12/2006

O Concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, vén de presentar a "Guía do Emprendedor Compostelán". A guía configúrase como un instrumento imprescindible de cara a desenvolver un proxecto empresarial e materializalo nunha empresa. O seu obxectivo é dotar ao emprendedor local e aos empresarios do exterior que queiran asentarse en Compostela de toda a información e ferramentas necesarias para por en marcha e consolidar o seu negocio.

Leer más

FACENDA

Os orzamentos municipais para 2007 ascenderán a 108 millóns de euros

01/12/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou o acordo entre os dous grupos municipais de Goberno para os ornamentos de 2007, que ascenden a 108 millóns de euros, dos que 26,5 se destinarán a investimentos. Os orzamentos serán presentados en breve polo concelleiro de Facenda, Xaquín Fernández Leiceaga.

Leer más

VIVENDA

Visto bo ao proxecto de expropiación do Sup-7 de Pontepedriña

01/12/2006

O Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) ratificou o acordo ao que se chegou co 96% dos propietarios do solo do Sup-7 de Pontepedriña II. Deste xeito, o proxecto de expropiación poderá someter probablemente á aprobación da Xunta de Goberno Local do luns 11 de decembro. Deste xeito cumpriranse os prazos e as obras estarán en marcha no mes de marzo.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

Santiago contará cunha nova residencia para a terceira idade en Pontepedriña

01/12/2006

O Concello de Santiago chegou a un acordo coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e coa Fundación de José Otero Otero e a súa dona para a construción dunha nova residencia para a terceira idade en Pontepedriña. O novo centro será sufragado pola devandita Fundación e xestionado pola Xunta. O Concello cede para o mesmo 5.000 metros cadrados de terreos municipais.

Leer más

INFRAESTRUTURAS

O novo túnel de Galuresa terá 600 metros de longo e absorberá o 70% do tráfico

01/12/2006

O Ministerio de Fomento remitiu ao Concello de Santiago o proxecto do túnel de Galuresa para que o Concello lle manifeste a súa conformidade. Así o fará, con simplemente algunhas suxerestións, na Xunta de Goberno local do luns 11 de decembro. Segundo indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o novo túnel permitirá absorber aproximadamente un 70% do tráfico que discorra pola zona.

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

Compostela renova a súa decoración para o Nadal

01/12/2006

As rúas de Compostela contarán durante cinco semanas cunha nova e chamativa decoración de Nadal. O concelleiro de Parques e Xardíns, Bernardino Rama, presentou estas novidades, que consisten principalmente nuns pequenos parques luminosos que darán un colorido especial á diversas rúas da cidade durante estas datas.

Leer más

LINGUA

Os gañadores do Manuel Beiras recibiron os seus premios

01/12/2006

Os premiados do Manuel Beiras deste ano recibiron o seu galardón no transcurso dunha cea no Hotel Araguaney, á que asistiron representantes do mundo político, académico e empresarial da cidade. O premio, convocado pola concellaría de Política Lingüística do Concello de Santiago e a Cámara de Comercio, chegou así á súa sétima edición premiando ás empresas compostelás Aceiro e T44 e facendo unha distinción especial a Xaquín Mato da papelería Xaquín. O alcalde...

Leer más
Compartir: