ALCALDÍA

O Concello e Begano renovan a súa colaboración no 50 aniversario da firma

06/04/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a sede de Begano acompañado do alcalde da Coruña, Javier Losada, con motivo do 50 aniversario da firma concesionaria de Coca-Cola. Aproveitando esta visita, renovouse o convenio de colaboración entre a Fundación Compostela e Begano, que vincula a ambas entidades dende 2005.

Leer más

MERCADOS

O alcalde inaugurou o novo mercado mensual Mostra Natura do Ensanche

04/04/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou na Praza Roxa a Mostra Natura do Ensanche, unha nova actividade que enriquecerá a oferta comercial e de ocio do Ensanche os primeiros sábados de cada mes. Un mercado de paxaros, plantas e flores e diversos obradoiros infantís integran a oferta desta iniciativa, patrocinada pola concellería de Mercados.

Leer más

ALCALDÍA

Santiago aspira a ser sede dun congreso europeo de xornalistas en 2010

04/04/2009

A presidenta da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), Magis Iglesias, foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Na reunión tamén participou a Xunta Directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), encabezada polos seu presidente, Luís Menéndez.

Leer más

DEPORTES

A Fundación Compostela Deporte e Begano renovan o seu acordo de apoio ao deporte de base

03/04/2009

O presidente de Begano, Federico Amor Sanjurjo, recibirá con motivo da celebración do 50 aniversario da firma concesionaria de Coca Cola, ao presidente da Fundación Compostela Deporte e alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, o luns 6 de abril, na súa sede na avenida Alfonso Molina s/n, na Coruña, ás 12:30 horas. O acto tamén contará coa presenza do vicepresidente da Fundación e Concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña.

Leer más

MERCADOS

Amio, segundo mercado de gando do Estado

03/04/2009

O concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, presidiu en Talavera de la Reina, a reunión semestral da Asociación Española de Mercados de Gando (ASEMGA), na que se deron a coñecer os datos do sector no ano 2008. Desta memoria despréndese que a nosa cidade segue situada na segunda posición en canto a movemento total de cabezas de gando ovino, vacún, equino e porcino.

Leer más

COMERCIO

O Concurso de Escaparatismo destina máis de 36.000 euros a premios

03/04/2009

A VI Edición do Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, destinará a premios 36.580,98 euros. En cada unha das catro edicións das que consta o certame escóllense tres comercios gañadores. O obxectivo do certame é contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.

Leer más
Compartir: