TURISMO
Compostela e Trondheim (Noruega) afianzan a súa colaboración na promoción do Camiño de Santiago e da Ruta de San Olaf
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiron unha delegación da cidade norueguesa de Trondheim.
CULTURA
A orquestra rock galega Metamovida inaugura o Compostela Rock 2014
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou o concerto inaugural do Compostela Rock 2014. Trátase dunha das propostas máis singulares que se poden ver na actualidade en Galicia, a da orquestra Metamovida, agrupación que non adoita ofrecer moitas actuacións, polo que Carou afirmou que non se pode deixar escapar esta oportunidade. O concerto será este venres, 17 de xaneiro, ás 20:30 horas, na Sala Capitol e como preámbulo, poderemos escoitar tres bandas cuxos membros forman parte da orquestra:...
CULTURA
O Concello e Agadic poñen en marcha o Bono de Teatro Galego (e portugués) 2014
Por vez primeira ponse á venda un Bono Teatro Galego (e portugués), iniciativa que foi presentada na Casa do Concello polo alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego (CDG); e José Víctor Carou, director xerente do Auditorio de Galicia. Unha oferta que pretende ser acicate para o goce dunha programación na que o público poderá escoller entre as diversas propostas que as...
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España presentou o seu Plan Operativo de Turismo para o ano 2014
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou na sede de Turespaña, en Madrid, na reunión da Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A sesión de traballo contou coa presenza dos concelleiros de Turismo das 13 cidades que forman esta asociación e centrouse na presentación do Plan Operativo de Turismo para o ano 2014, o documento que recolle a estratexia de promoción da oferta turística do Grupo, especialmente no mercado exterior.
OBRAS
Obras en Pelamios para evitar as inundacións en épocas de choivas intensas
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitou o barrio de Pelamios, acompañada dos seus representantes veciñais, para avaliar a marcha das obras de colocación de novas canalizacións na rede de pluviais.
ALCALDÍA
A praciña Saxo Tenor lembra xa en Vista Alegre a Roberto Vidal Bolaño
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu o acto de inauguración da praciña Saxo Tenor, no barrio de Vista Alegre, en memoria de Roberto Vidal Bolaño. Deuse así cumprimento ao acordo unánime da Corporación adoptado no Pleno do 28 de novembro de 2013, polo que se designaba co nome desta obra -unha das máis emblemáticas do dramaturgo compostelán- esta praza, situada a carón da casa onde vivira.
DEPORTES
A Volta a España 2014 rematará cunha etapa cronometrada en Santiago
A segunda tenente de alcalde, Amelia González, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asistiron en Cádiz á presentación do percorrido da Volta a España 2014. A etapa final desta proba ciclista será unha cronometrada de 10 quilómetros en Santiago de Compostela.
INFRAESTRUTURAS
Fomento licita a obra de transformación da intersección de Conxo nun paso inferior
O Ministerio de Fomento licitou, mediante a publicación de anuncio no BOE deste venres, o contrato de obra para transformar a intersección de Conxo, no periférico de Santiago de Compostela (SC-20), nun paso inferior. Para iso realizarase a depresión da calzada da estrada SC-20, construirase sobre ela unha glorieta a distinto nivel e reordenaranse os accesos e a circulación peonil do ámbito. O presuposto de licitación do contrato ascende a 7,15 millóns de euros e o prazo de execución a 12 meses.
ALCALDÍA
Disposición municipal a colaborar coa Cátedra de Traballo Autónomo e con outras accións de fomento do emprendemento
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co secretario xeral da Asociación de Autónomos de Galicia, Lisardo Domínguez, e á directora do seu departamento xurídico, María Jesús González.
CULTURA
O ciclo Íntimo & Acústico amosa a faciana máis persoal de cinco singulares artistas
José Víctor Carou, director-xerente do Auditorio de Galicia, presentou un avance dos concertos de Íntimo & Acústico ata o mes de abril. A cantautora asturiana Paula Rojo inaugura o sábado 11 de xaneiro, no Salón Teatro, a edición 2014 deste ciclo, que no primeiro trimestre traerá a Santiago a música de Cass McCombs, Depedro, Jabier Muguruza e Los Secretos, todos eles con concertos únicos en Galicia.