EXPOSICIÓN
A concelleira Rebeca Domínguez inaugurou unha exposición sobre arte contemporáneo
A mostra realizárona os estudandes do bacharelato artístico do IES de Sar.
TURISMO
Turismo de Santiago aposta polo mercado alemán
A empresa municipal de promoción turística desenvolverá un amplo programa de accións promocionais dirixidas ao público xermano.
Alemaña é o país con maior número de peregrinos, con máis de 15.000 ao ano, e é o segundo en número de pernoctacións tras Italia, con 50.000.
ALCALDÍA
Vite estrea pista polideportiva e zona biosaudable no parque Pablo Iglesias
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, inauguraron a remodelada pista polideportiva ubicada no parque Pablo Iglesias, no barrio de Vite, moi demandada polos veciños da zona.
CULTURA
Once novos espectáculos de danza para este ano 2014
As entradas están xa á venta cun bono específico mediante o cal se mercas a entrada para catro espectáculos aplícase un 20% de desconto no prezo
COMERCIO
O Concello desenvolverá unha páxina web para o Barrio de San Pedro
O Concello resposta a unha petición dos veciños, que solicitaron ter presenza en Internet para poder dinamizar o barrio. Esta acción enmárcase dentro do Proxecto Urbana Santiago Norte, confinanciado pola UE a través dos fondos Feder.
XUVENTUDE
Continúa aberto o prazo para inscribirse na actividade de turismo activo e deporte de Pena Aventura
A Concellería de Xuventude do Concello de Santiago organiza unha actividade de turismo activo e de deporte de aventura pensado especialmente para a xuventude da cidade. O prazo de preinscrición estará aberto ata o 31 de marzo.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello súmase á campaña da DXT de control do uso do cinturón de seguridade e sistemas de retención infantil
Entre o 10 e o 16 de marzo a Policía Local súmase á Garda Civil para controlar que os condutores fagan un uso axeitado de ambos dispositivos. Así o anunciou o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello.
FACENDA
Facenda mellora o calendario fiscal e pon en marcha un servizo de atención telefónica persoalizada
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, explicou en rolda de prensa estas dúas iniciaticas do seu departamento que responden a unha demanda cidadá e nacen co obxectivo de facilitar o pago de impostos así como o resto dos trámites relacionados
EDUCACIÓN
Comeza o cuarto ciclo de concertos didácticos da Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música pon en marcha, por cuarto ano consecutivo, un novo ciclo de concertos didácticos co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos na rede de centros educativos de Compostela.
ALCALDÍA
A Cofradía Europea de Vela invita o alcalde á investidura de novos membros
O rexedor compostelán, Ángel Currás, recibiu os membros da Cofradía no Pazo de Raxoi.