COMERCIO
Celebráronse as dúas primeiras conferencias do programa de dinamización comercial do barrio de San Pedro
Esta semana tiveron lugar as dúas primeiras conferencias dentro do programa de revitalización comercial San Pedro para vivir, San Pedro para traballar, dedicadas a "As posibilidades de uso e o potencial dos locais baleiros" e a "Axilización do proceso de obtención de licenzas municipais para a apertura de negocios".
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música pechou o curso no Auditorio de Galicia cun musical de bandas sonoras de Disney
A Sala Brage do Auditorio de Galicia acolleu o Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Música de Santiago, coa posta en escena dun musical titulado Todo Disney. Familias e público en xeral puideron gozar nesta sesión especial dunha visión de conxunto do traballo realizado no centro. A concelleira de Educación, María Castelao, asistiu á representación.
SANIDADE
O cans do Refuxio de Bando peregrinan para promover a adopción
Por cuarta vez, os cans residentes no Refuxio de Bando, xunto con voluntarios e padriños realizarán a última etapa do Camiño de Santiago, para dirixirse logo ao Parque de Belvís. Alí, como novidade e no marco da Romaría Pop, haberá unha Pasarela de Adopción dos cans participantes e un posto informativo.
BENESTAR SOCIAL
O Centro Comercial Área Central acolleu o mercado solidario "Trócame-Roque"
As concelleira de Educación, María Castelao, inaugurou en Área Central o proxecto Trócame-Roque, un mercado solidario infantil e xuvenil promovido polas entidades sociais, educativas e sanitarias do barrio de Fontiñas. Outros edís, como María Castelao ou Luis Meijide, tamén visitaron o mercado.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O sorteo de adxudicación de prazas das "Mañás de verán e de xogo" realizarase o martes 18 de xuño
Rematado o 11 de xuño de 2013 o prazo para presentación de solicitudes de preinscrición nas actividades Mañás de verán e Mañás de xogo, atendendo aos criterios establecidos nas bases de participación -condición de empadroamento, cumprimento da idade establecida e prioridade ás solicitudes de participación por mes completo, xa son públicos os listados de admitidos definitivos, excluídos e a sorteo nas distintas actividades. O sorteo para a adxudicación das prazas.../em>
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición na viaxe á Galicia mariñeira de "Imos de Excursión"
A Concellaría de Centros Socioculturais abre a partir do xoves 13 de xuño, ás 17:00 horas, o prazo para participar na próxima excursión organizada no marco do programa Imos de excursión 2013. Trátase da viaxe á "Galicia Mariñeira", que se desenvolverá o sábado 29 de xuño.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o novo director de Lavacolla, Ricardo López Navarro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuníronse co novo director do Aeroporto de Lavacolla, Ricardo López Navarro, a piques de tomar posesión do seu cargo.
XUNTA DE GOBERNO
Ábrese o prazo de preinscrición nos servizos de comedor e de madrugadores en nove colexios para o curso 2013-2014
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a apertura do prazo de preinscrición nos servizos de comedor e de madrugadores en nove colexios da cidade. Ademais, adxudicáronse as obras de reposición de firme e beirarrúas en varias rúas do Ensanche.
TURISMO
Turismo de Santiago completa a reforma da Oficina de Información Turística Municipal
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou aos medios de comunicación a reforma completa da Oficina de Información Turística Municipal, situada na rúa do Vilar, 63. O obxectivo da reforma era adecuar o espazo, facéndoo máis útil e transparente, para poder atender dun mellor xeito ao volume de persoas que empregan os servizos de información.
CULTURA E MEDIO AMBIENTE
Concertos, actividades infantís e moitas outras actividades de balde na Romaría Pop
A segunda edición da Romaría Pop, se o tempo o permite, celebrarase o sábado 15 de xuño. O programa xa se abriu o día 6 cun concorrido concerto de presentación na Zona C con Niño y Pistola e When Nalda Became Punk. En caso de choiva, a Romaría celebraríase sábado 22.