CULTURA
O Consello Reitor do Auditorio nomea a Miguel Fernández-Cid e Ángel Sicart como membros de recoñecido prestixio cultural
O Consello Reitor do Auditorio de Galicia reuniuse na Casa do Concello para nomear os dous membros de recoñecido prestixio cultural. Elixiron a Ángel Sicart e Miguel Fernández-Cid, que a partir de agora son oficialmente membros do Consello Reitor.
DEPORTES
I Andaina Solidaria a favor de Unicef
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou en rolda de prensa I Andaina Solidaria Santiago de Compostela a favor de Unicef, organizada polo Club Deportivo Fontiñas. Sairá da praza do Obradoiro ás 10:00 horas do domingo 18 de setembro.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago adherirase á Rede de Dinamización Lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, manifestoulle ao alcalde o interese da Xunta de Galicia en que Santiago se adhira á Rede de Dinamización Lingüística posta en marcha pola Administración autonómica e as entidades locais. Xerardo Conde Roa expresoulle a total disposición do Concello a sumarse a esta iniciativa de dinamización social da lingua.
ALCALDÍA
Concello e Cámara trazan unha estratexia común en torno ao futuro de Lavacolla
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuníronse en Raxoi co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e co seu secretario xeral adxunto, Fernando Barros. Concello e Cámara coincidiron na necesidade de fixar unha "postura común" de todas as institucións da cidade sobre o futuro do aeroporto de Lavacolla.
ALCALDÍA
O alcalde tende pontes de colaboración cos empresarios do polígono do Tambre
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, desprazouse á sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre para manter unha reunión coa directiva desta entidade. No encontro repasaron as principais demandas e necesidades desta área industrial e trazáronse liñas de colaboración para o futuro.
ALCALDÍA
Conde Roa garante a continuidade do papel de liderado de Santiago no Eixo Atlántico
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Raxoi co secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao. Foi o primeiro contacto institucional entre o Eixo e o Concello tras a toma de posesión de nova Corporación e serviu para facer un repaso a diversas cuestións de actualidade.
ALCALDÍA
A xestión municipal facilita a liberación dos fondos europeos retidos dun proxecto de saneamento da vertente sur da ría de Arousa
O presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, e o seu xerente, Ramón Guinarte, foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.
ALCALDÍA
Visita á residencia de maiores da Fundación José Otero e Carmela Martínez
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visitou xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a residencia de maiores da Fundación José Otero e Carmela Martínez. O centro, construído en terreos cedidos polo Concello, xa está funcionando dende hai uns meses.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno ratifica os convenios para novas actuacións nas ARI
O Goberno local ratificou tres convenios asinados entre o Concello, o Ministerio de Fomento e o Instituto Galego de Vivenda e Solo para levar adiante novas fases de actuacións nas áreas de rehabilitación integral (ARI) de Vista Alegre, Casco Histórico e grupo de vivendas Santiago Apóstolo e Quiroga Palacios (Pontepedriña).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Concello quere destinar o actual Centro Sociocultural de Conxo á ampliación da escola infantil do barrio
O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Javier Noya, anunciou a intención municipal de dotar tamén á Casa das Asociacións dun uso sociocultural, neste caso para os veciños do barrio de Conxo. En troques, o actual Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" destinaríase a ampliar a Escola Infantil.