DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Marta Lois asiste ao peche do proxecto de aprendizaxe e servizo realizado en colaboración coa Facultade de Ciencias Económicas
A Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois acudiu hoxe ao acto de peche do proxecto de aprendizaxe-servizo Universidade, sociedade e desenvolvemento. A aprendizaxe-servizo no eido do desenvolvemento local, no que estivo acompañada pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo; pola decana da Facultade de Ciencias Económicas, Emilia Vázquez, e polo profesorado a cargo do proxecto.
FESTAS
Nerea Barros destaca a "esencia e a vitalidade" de Compostela na apertura das festas do Apóstolo
A actriz compostelá Nerea Barros abriu dende os balcóns do Pazo de Raxoi a edición 2018 das festas do Apóstolo. O seu pregón foi un compendio de lembranzas e de orgullo pola cidade que viu nacer.
IGUALDADE
MonQup, Rapariga DJ e Batuko Tabanka, protagonistas do concerto "Territorio das Mulleres"
A praza 8 de Marzo volve acoller, por terceiro ano consecutivo, o concerto Territorio das Mulleres, enmarcado dentro das festas do Apóstolo. A actividade foi presentada pola concelleira de Igualdade, Turismo e Desenvolvemento Económico, Marta Lois, que estivo acompañada de MonQup, unha das artistas.
ALCALDÍA
O Concello e a USC colaborarán no desenvolvemento do proxecto Smartiago de compra pública innovadora
A Universidade de Santiago vai colaborar co Concello no desenvolvemento na iniciativa Smartiago, de fomento da compra pública innovadora. Así se recolle no convenio asinado hoxe polo alcalde, Martiño Noriega, e o reitor da USC, Antonio López. O proxecto, financiado na súa primeira fase con máis de cinco millóns de euros de fondos europeos, procura solucións innovadoras na prestación de servizos públicos como a recollida e tratamento de residuos, a mobilidade e a iluminación pública.
FESTAS
Compostela volve poñer en valor o traxe galego nas festas do Apóstolo
As festas do Apóstolo volverán reservar unha xornada para poñer en valor o traxe galego e, con el, a nosa cultura. Será o sábado 21 de xullo cando as rúas de Santiago se enchan de persoas ataviadas coa indumentaria tradicional, nunha das citas máis agardadas cada ano na programación dos festexos.
FESTAS
O pregón de Nerea Barros abre mañá 14 días de festa no Apóstolo 2018
Mañá mércores comezan as festas do Apóstolo, 14 días de celebracións marcadas pola elevada presenza de artistas femininas. De feito, na primeira xornada dos festexos as protagonistas son dúas mulleres: Nerea Barros, pregoeira deste Apóstolo, e Bette Smith, que ofrecerá o primeiro concerto das festas, na Praza do Obradoiro.
ALCALDÍA
El Ayuntamiento y la USC colaborarán en el desarrollo del proyecto Smartiago de compra pública innovadora
La Universidad de Santiago va a colaborar con el Ayuntamiento en el desarrollo en la iniciativa Smartiago, de fomento de la compra pública innovadora. Así se recoge en el convenio firmado hoy por el alcalde, Martiño Noriega, y el rector de la USC, Antonio López. El proyecto, financiado en su primera fase con más de cinco millones de euros de fondos europeos, busca soluciones innovadoras en la prestación de servicios públicos como la recogida y tratamiento de residuos, la movilidad y la iluminación pública.
FESTAS
O Apóstolo 2018 volve apostar polos artistas da cidade no ciclo "Compostela É! Música"
A praza do Toural volverá ser escenario durante as festas do Apóstolo do ciclo de concertos Compostela É! Música. Serán oito actuacións que nos permitirán coñecer e gozar da música feita en Santiago.
IGUALDADE
Marta Lois visitou os nenos e nenas que participan no programa Verán CampUSC
Os nenos e nenas participantes no programa Verán CampUSC recibiron a visita da concelleira de Igualdade, Marta Lois, e da vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciado o procedemento de licitación da oficina técnica do proxecto Smartiago
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación do servizo da oficina técnica do proxecto Smartiago. O contrato terá un tipo de licitación de 565.000 euros, IVE incluído. Desa cantidade, o 80% procederá de fondos europeos FEDER. O proxecto Smartiago baséase no fomento da compra pública innovadora, e o Concello de Santiago ten captados cinco millóns de euros para o programa, en virtude do convenio asinado co Ministerio de Economía.