CULTURA

Leo Bassi presenta a súa polémica obra "La Revelación" no Auditorio de Galicia

02/08/2007

O Festiclown, festival organizado pola concellaría de Cultura, continúa coas súas pallasadas pola cidade. Na xornada do mércores 1, todos os espectáculos foron un éxito a pesares de que o clima non axudou moito. Así, o Festiclown mantivo todas as súas actividades agás os zancudos que o xoves 2 xa puideron saír á rúa sen problema. Tamén na xornada do mércores, o inglés Fraser Hooper inaugurou os espectáculos da Mostra Internacional no Teatro Principal cun cheo total e, trala...

Leer más

EIXO ATLÁNTICO

A VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico consolida a unión artística entre Galicia e o Norte de Portugal

02/08/2007

A exposición itinerante da VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico chega a Compostela despois do seu paso por outras cidades de Galicia e do Norte de Portugal. A mostra recolle 36 cadros seleccionados de entre as obras presentadas a concurso nesta Bienal, consolidada xa no panorama artístico da Península Ibérica polo seu alto nivel e participación.

Leer más

CULTURA

Os espectáculos de rúa do Festiclown comezan coas prazas cheas

01/08/2007

Comezaron os espectáculos de rúa do Festiclown e fixérono ateigando de xente as prazas da Cidade Histórica, a pesares de que o tempo non acompañou moito. Ademais, nesta primeira xornada de rúa, o público puido gozar dunha das demostracións de cursos de maior calidade na historia do Festiclown: a de Claudia Contín.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Nace unha nova xoiería no marco de Equal Compostela Social

01/08/2007

O 30 de xullo abriu as súas portas a empresa número 49 nacida a partires do Proxecto Equal Compostela Social, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Trátase da xoiería BS Artesanía, que se atopa no número 14 da Algalia de Arriba. O estabelecemento dedícase á venda de produtos artesanais, entre os que destacan os feitos en prata, acibeche e vidro. O material á venda abrangue dende o máis tradicional ao máis contemporáneo e vangardista.

Leer más
Compartir: