EMPREGO
O Servizo de Apoio á Empresa atendeu 750 consultas nos sete primeiros meses de 2010
O Servizo de Apoio á Empresa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo atendeu 750 consultas nos sete primeiros meses de 2010, procedentes de 402 usuarios/as, do que un 52% son mulleres.
CULTURA
Música de diversos estilos na segunda xornada do Festival dos Abrazos
Compostela acolle xa unha nova edición do Festival dos Abrazos, organizado pola Concellaría de Cultura. A segunda xornada do evento traerá música dos máis diversos estilos: autor, clásica mesturada con electrónica, fusión galego-brasileira, guineana e rock.
CULTURA
O Festival dos Abrazos encherá Compostela coa maxia dos máis diversos espectáculos
O luns 9 arrincará en Compostela a terceira edición do Festival dos Abrazos, unha iniciativa organizada pola Concellaría de Cultura. Ata o 29 de agosto, a cidade acollerá máis de 80 actividades, dende pequenas intervencións ata grandes espectáculos, no marco dun programa que xunta as máis diversas propostas culturais galegas e internacionais no eido da música, as artes escénicas, o circo, o audiovisual, as performances e as artes plásticas.
COMERCIO
Lote de complementos para ordenador de sobremesa, Percheiro e Posta a punto, produtos gañadores de "Volta ao cole"
Lote de complementos para ordenador de sobremesa, Percheiro. Colección 2010 Senegalia, e Posta a punto, son os tres produtos premiados no Concurso catálogo de promoción comercial Volta ao cole, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo promociona as Cidades Patrimonio de España en Chile
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España participa estes días das xornadas que organiza Turespaña en Chile, onde tivo a oportunidade de presentar a axentes chilenos a oferta turística e cultural das 13 cidades que forman o Grupo. O encontro realizouse na Casona dos Condes, na cidade de Santiago, e contou coa participación de axentes, touroperadores locais e diversos representantes do sector turístico, que puideron coñecer a ampla e variada oferta histórico-artística, cultural e gastronómica do Grupo, que...
CIRCULACIÓN VIARIA
O Departamento de Tráfico incorpora dez novos paneis e outras catro cámaras
A concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, deu a coñecer as novas instalacións incorporadas para o control do tráfico e da mobilidade na cidade. Consolidando a aposta polas novas tecnoloxías do Departamento de Tráfico, veñen de colocarse dous novos paneis DXT outros oito paneis matrices en vertical e catro novas cámaras.
EMPREGO
A busca de traballo será un dos temas de análise na I Feira do Emprego de Santiago
A busca de emprego é un dos temas que se analizará na I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, e que se celebrará o 7 e o 8 de outubro no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apio á Empresa (Cersia), situado en San Lázaro. Están previstas dúas ponencias-obradoiro nas que se explicará a importancia da formación na procura de traballo e como abordar a busca de emprego en tempos de crise.
MOBILIDADE
O estacionamento de Xoán XXIII rexistrou dez mil vehículos máis nos primeiros sete meses do ano que en 2009
O concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, fixo unha comparativa dos datos do primeiro semestre deste ano cos do Xacobeo 2004 e os do pasado ano dos estacionamentos de Xoán XIII e a súa dársena, e o de Belvís, todos eles xestionados por TUSSA.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica a reposición de beirarrúas na cidade
Na súa sesión ordinaria, a Xunta de Goberno aprobou diversos asuntos en materia de contratación. Entre eles, adxudicou provisionalmente o proxecto de reposición de beirarrúas.
CULTURA
O Festival dos Abrazos encherá de actividades os parques e rúas de Compostela durante o mes de agosto
O Festival dos Abrazos, que organiza a Concellaría de Cultura, volve aos espazos singulares de Compostela este mes. Do 9 ao 29 de agosto prazas, rúas, parques, xardíns... e ata escaparates da cidade convértense de novo en escenario da creación, por terceiro ano consecutivo.