ACCIÓN CULTURAL E IGUALDADE
Compostela subscribe a Carta pola Igualdade MH nas Artes Escénicas, promovida pola asociación Clásicas y Modernas
O Concello de Santiago vén de sumarse á Carta pola Igualdade MH nas Artes Escénicas, impulsada pola asociación Clásicas y Modernas co obxectivo de equilibrar a presenza de homes e mulleres na programación artística. O acordo subscrito hoxe aféctalle a tres espazos culturais da cidade: o Auditorio de Galicia, o Teatro Principal e a Sala Agustín Magán.
PLENO
O Pleno acorda por unanimidade instar ao novo Goberno do Estado a cumprir os seus compromisos con Santiago
O Pleno da Corporación acordou este xoves, por unanimidade, instar ao novo Goberno do Estado a cumprir os compromisos pendentes con Santiago, en particular en relación a infraestruturas como a estación intermodal, a EDAR, o peche do orbital ou o acondicionamento da rotonda de Conxo.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Ábrese o prazo de inscrición de proxectos para participar na IV Maker Faire Galicia
Marta Lois, concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo; Berta Álvarez-Buylla, responsable do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, e Matilde Rodríguez Domínguez, co-organizadora da Galicia Maker Faire presentaron a IV edición do evento, que se celebrará no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura do 23 ao 25 de novembro.
ACCIÓN CULTURAL
As bandas municipais de música de Santiago e da Coruña celebran os seus aniversarios nas Xornadas de Música Contemporánea
A Banda Municipal de Música de Santiago cumpre este ano o seu 170 aniversario e a da Coruña, o 70. Para celebralo ofrecen un concerto conxunto dentro das Xornadas de Música Contemporánea mañá, xoves 21, ás 20:30 horas, na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia. O concerto foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e os directores de ambas bandas: Casiano Mouriño e Juan José Ocón. O concerto, co que se conmemora tamén o Día Europeo da...
POLÍTICAS SOCIAIS
Santiago súmase á conmemoración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas
Este 20 de xuño conmemórase o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, unha data instaurada desde 2001 a partir dunha Resolución da Asemblea Xeral de Nacións Unidas. O Concello de Santiago celebrou un grande acto reivindicativo na praza do Obradoiro, ao que se sumaron representantes dos concellos de Ames e Teo, e das entidades sociais que traballan coas persoas refuxiadas.
CONVIVENCIA E EDUCACIÓN
Un simulacro de evacuación renova o Plan de Emerxencia das escolas infantís
A Rede Municipal de Escolas Infantís conta cun Plan de Emerxencia e Evacuación, que se plasma nun Manual de Autoprotección e en diversas accións de formación e simulacros de actuación, todo isto no marco do Programa Municipal de Seguridade e Autoprotección dos Centros Escolares. A Escola Infantil de Meixonfrío-Salgueiriños acolleu este mércores unha nova actividade relacionada coa mellora da seguridade dos escolares e dos profesionais do centro. Tratouse dun simulacro, necesario para saber como actuar ante unha...
ACCIÓN CULTURAL
Asinados os convenios con Cidade Vella e Tempo con Xeito para garantir a música ao vivo nos locais
A Concellaría de Acción Cultural vén de asinar cadanseu convenio de colaboración coas asociacións Cidade Vella e Tempo con Xeito co obxectivo de impulsar a celebración de actividades culturais nos establecementos de hostalería da cidade, entre elas os concertos de música ao vivo. A concelleira Branca Novoneyra deu conta hoxe deses acordos, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por Manuel Rodríguez, de Cidade Vella, e Laura Rey, da asociación Tempo con Xeito.
INFORMÁTICA
Arrincan as xuntanzas para a implantación da Administración Electrónica
Este martes comezaron as reunións internas para a implantación da Administración Electrónica no Concello de Santiago, despois da primeira xuntanza de coordinación celebrada o pasado venres. O Goberno municipal destinará máis de 1,8 millóns de euros á nova plataforma.
ALCALDÍA
A Peña Ciclista Amigos de Santiago (Ávila) peregrina un ano máis a Compostela
A concelleira de Deporte, Noa Morales, xunto con outros/as integrantes da Corporación, recibiu no salón vermello de Raxoi os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, ao concluír unha nova edición da súa ciclomarcha a Compostela.
ALCALDÍA
Recepción ao embaixador da República Dominicana, Olivo Rodríguez Huertas
A alcaldesa accidental, María Rozas, recibiu o embaixador da República Dominicana, Olivo Rodríguez Huertas.