ALCALDÍA

Santiago e Assisi uniranse a través dos seus camiños

25/10/2007

O Pleno municipal aprobou o irmandamento da cidade coa Comuna de Assisi. Os termos desta unión foran perfilados na reunión mantida polo alcalde co rexedor de Assisi, Claudio Ricci, o 3 de outubro, na cidade italiana. Alí asinaron un texto preliminar, no que no que se comprometían a constituír e revitalizar o Cammino di San Francesco, que unirá en ambos sentidos as dúas cidades.

Leer más

CIDADE HISTÓRICA

A concelleira da Cidade Histórica asegura que a colocación da rampla no edificio da SGAE era a única solución posible

25/10/2007

A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Socorro García Conde, compareceu no Pleno Ordinario, a petición do PP, para explicar a colocación da escaleira-rampla do edificio da SGAE. Na súa intervención indicou que a construción deste elemento era a única solución para garantir o dereito da plena accesibilidade pola porta principal para todas as persoas en igualdade de condicións.

Leer más

EDUCACIÓN

Federico Martín forma como contacontos a pais e educadores

24/10/2007

A VIII Campaña de Animación á Lectura, promovida pola Concellaría de Educación e pola editorial Kalandraka, trae esta vez a Compostela ao recoñecido Federico Martín, escritor, antólogo de grandes poetas, contacontos e animador á lectura. El impartirá o curso "As sete portas de memoria" na Galería Sargadelos os días 24 e 25 de outubro, de 18:30 a 20:30 horas.

Leer más

CULTURA

Cineuropa convertirá de novo Compostela na capital do cine independente do 6 de novembro ao 3 de decembro

24/10/2007

O festival de cinema Cineuropa, organizado pola Concellería de Cultura, chega en novembro á súa XXI edición convertendo, unha vez máis, a Compostela na capital do cine independente, social e de autor. Do 6 de novembro ao 3 de decembro poderanse ver en Santiago arredor de cen películas entre as que estarán, ademais dos principais premios e filmes mais notorios dos diferentes festivais internacionais celebrados ao longo da tempada, as dúas primeiras reaccións da crítica radical á actuación dos Estados Unidos en...

Leer más

ALCALDÍA

O Eixo Atlántico incorpora catro novos membros

24/10/2007

A Comisión Executiva do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, reunida en Vigo, aprobou a incorporación das localidades galegas de Sarria e Santa Uxía de Ribeira e de Lamego e Penafiel, do norte de Portugal. Esta decisión deberá ser ratificada na Asemblea Xeral do Eixo Atlántico que se celebrará o 1 de febreiro de 2008 en Vigo.

Leer más

CAMIÑO DE SANTIAGO

Os mozos europeos apostan polo valor do Camiño como rede de cooperación e diálogo cultural

23/10/2007

A praza do Obradoiro acolleu a xornada institucional coa que se conmemoraron os vinte anos da declaración do Camiño de Santiago como primeiro Itinerario Cultural Europeo. Foi o marco onde se presentou a nova Declaración dos Itinerarios Culturais Europeos, na que os mozos europeos reiteran "a importancia de continuar o desenvolvemento dos Camiños de Santiago no conxunto dos territorios europeos, creando unha rede de cooperación coa participación de todas as autoridades involucradas".

Leer más

ALCALDÍA

A Comisión Executiva do Eixo Atlántico debatirá a adhesión de novas cidades

23/10/2007

Baixo a nova presidencia do rexedor de Vila Nova de Gaia, Filipe Menezes, que está a fronte do Eixo Atlántico dende o 22 de maio, celebrarase o mércores 24 en Vigo, a partir das 11:00 horas, unha Comisión Executiva á que o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudirá en calidade de vicepresidente provisional. Precisamente, un dos puntos da orde do día será elixir unha nova vicepresidencia para os próximos dous anos.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Máis de 300 persoas participan na II Xornada Emprende en Compostela

23/10/2007

Máis de 300 persoas inscribíronse na II Xornada Emprende en Compostela. Estas cifras son provisionais, xa que se trata dunha xornada aberta, cun programa de actividades variado, deseñado dun xeito práctico e didáctico para que as persoas inscritas poidan intervir e intercambiar experiencias e coñecementos. O encontro está dirixido aos interesadas en desenvolver un proxecto empresarial nos vindeiros anos e aos que están dando os seus primeiros pasos á fronte dunha empresa.

Leer más
Compartir: