ALCALDÍA

O alcalde viaxa a Rennes para presidir o Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico

15/12/2007

A sesión do Buró Executivo dará comezo o luns 17 ás nove da mañá. Entre os principais obxectivos da xornada está o debate das perspectivas de futuro das cidades atlánticas dentro do marco europeo. Falarase tamén de implementar a axenda territorial da CCAA en base á Carta de Leipzig e á axenda territorial da UE. Neste sentido haberá que determinar como se van canalizar as axudas para o período 2007-2013 lanzadas por Europa, en concreto os programas INTERREG 4 C, que foi lanzado en setembro en Lisboa e o...

Leer más

URBANISMO

Sánchez Bugallo: "O número de vivendas construídas en Santiago en 2008 non só non vai baixar, senón que aumentará de forma significativa"

14/12/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, analizou na súa rolda dos venres o contido da súa entrevista cos promotores inmobiliarios de Compostela. Fronte á preocupación destes pola ralentización do ritmo de construción, indicou que "o número de vivendas construídas en Santiago en 2008 non só non vai baixar, senón que aumentará de forma significativa; só que este crecemento se concentrará nos sectores de vivenda protexida e de prezo taxado".

Leer más

ALCALDÍA

Compostela liderará un proxecto europeo sobre cidades intelixentes

14/12/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidirá o luns 17, en Rennes (Francia), a Comisión Executiva da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA). Na mesma renderase homenaxe ao alcalde desta vila francesa, Edmond Hervé, impulsor deste grupo de cidades europeas, que deixa o seu cargo en marzo de 2008.

Leer más

ALCALDÍA

Recoñecemento municipal ao traballo da Asociación do Traxe Galego

14/12/2007

Os integrantes da Asociación do Traxe Galego foron recibidos polo alcalde, nun acto que serviu para recoñecer o labor desta entidade na defensa do traxe. A súa presidenta, Pilar Domínguez, encabezou a delegación e unha vez máis mostrou todo o seu entusiasmo na defensa desta prenda.

Leer más
Compartir: