COMERCIO
O Concello colabora con Compostela Monumental e Santiago Centro en dúas accións formativas para comerciantes
A Concellería de Comercio, Compostela Monumental e Santiago Centro, colaboran na organización de dúas accións formativas dentro do programa Santiago Investors Support, que teñen coma obxectivo ofrecer solucións prácticas aos pequenos comercios e aos emprendedores que queiran desenvolver unha iniciativa comercial.
ALCALDÍA
Inaugurado o II Festival Peregrinos Musicais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á inauguración do II Festival Peregrinos Musicais, que se celebra en Santiago do 24 ao 28 de setembro.
COMERCIO
O comercio celebra a súa primeira feira urbana de oportunidades "Santiago Stock"
A Concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, xunto coas asociacións de comerciantes da cidade: Acotes, Compostela Monumental, Santiago Centro, Asociación de comerciantes do Barrio de Conxo e Asociación Em-Rede, organiza a primeira feira urbana de oportunidades Santiago Stock. O teu punto de encontro aos mellores prezos, onde poderán participar todos os establecementos comerciais polo miúdo da cidade, asociados ou non.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello colabora un ano máis no concurso de redacción "Falemos da nosa historia", do CEIP López Ferreiro
O CEIP López Ferreiro, coa colaboración da Concellaría de Educación e Normalización Lingüística, convoca un ano máis o seu concurso de investigación e redacción Falemos da nosa historia, certame dirixido a escolares do 3º ciclo de educación primaria e do 1º ciclo da ESO de calquera centro de Galicia.
INFRAESTRUTURAS
En marcha os proxectos de mellora da mobilidade e da accesibilidade na Almáciga
A concelleira de Infraestruturas, María Castelao, deu conta dos proxectos que, no marco do Urbana Santiago Norte, permitirán mellorar as condicións de accesibilidade e de mobilidade do barrio da Almáciga. Realizaranse actuacións en varios ámbitos, cun investimento total previsto que supera o millón e medio de euros. Está previsto que as diversas obras se poidan adxudicar no primeiro semestre de 2013.
BENESTAR SOCIAL E EDUCACIÓN
Proxecto comunitario para loitar contra o absentismo escolar en Fontiñas
As concelleiras de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, e de Educación, Rebeca Domínguez, presentaron o Proxecto de intervención comunitaria en materia de absentismo escolar do barrio de Fontiñas, nun acto celebrado no IES Antonio Fraguas.
BARRIOS
Inícianse as obras nos barrios de Pontepedriña e San Lázaro
A Concellería de Barrios vai executar unha serie de obras nos vindeiros meses en 17 barrios da cidade, cun investimento total previsto de 800.733 euros. As tres primeiras actuacións adxudicadas foron as de Sar, Pontepedriña e Amio-San Lázaro.
DEPORTES
A praza do Obradoiro acolle a saída da II Marcha Ciclodeportiva Cidade da Cultura
O domingo 23 de setembro celebrarase a II Marcha Ciclodeportiva Monte Gaias-Cidade da Cultura. A proba servirá tamén para homenaxear o consagrado ciclista galego Ezequiel Mosquera.
DEPORTES
O NBA x3 Tour chega a Santiago
A Concellería de Deportes informa da chegada a Santiago do NBA x3 Tour, un torneo nacional que mestura baloncesto de competición con diferentes actividades divertidas e interactivas. O evento proporcionaralles aos xogadores de baloncesto da cidade a oportunidade de vivir a experiencia NBA de primeira man.
ECONOMÍA
O CERSIA acollerá as cuartas Xornadas Internacionais de Coaching
O CERSIA acollerá, por segundo ano consecutivo, as Xornadas Internacionais de Coaching, que traerán de novo a Santiago a algúns dos "coaches" máis reputados do mundo, como a británica Amanda Thompson, o noruegués John Tolmie ou o francés Thierry de Tourniel. As xornadas, organizadas por Qcoach e Instituto Ben Pensante, celebraranse o 11 e o 12 de outubro coa colaboración da Concellería de Economía, entre outras entidades.