IGUALDADE
Santiago conmemora o Día Internacional das Mulleres con numerosas accións ao longo do mes de marzo
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou esta mañá as accións que organiza o Concello de Santiago para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Así, haberá multitude de actividades que comezarán a finais de febreiro e se estenderán a todo o mes de marzo.
PLENO
O Pleno dá luz verde aos orzamentos municipais para o exercicio 2017
O Pleno da Corporación aprobou este sábado os orzamentos do Concello de Santiago para o exercicio 2017. A proposta presentada polo Goberno local foi apoiada polo BNG, coa abstención do PSOE e o voto negativo do Partido Popular.
ALCALDÍA
A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago celebrará na cidade a a súa próxima Asemblea Xeral
A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago celebrará a súa próxima Asemblea Xeral en Compostela, o venres 6 de outubro. Foi un dos acordos adoptados pola Xunta Directiva da entidade, que se celebrou hoxe na localidade palentina de Carrión de los Condes, coa asistencia do alcalde de Santiago, Martiño Noriega. Tamén se decidiu que a próxima Xunta Directiva se celebre en Santo Domingo de la Calzada.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno resolve o contrato de rehabilitación do Palacete do Espiño
A Xunta de Goberno acordou hoxe resolver o contrato coa empresa Dragados S.A, adxudicataria da rehabilitación do Palacete da Finca do Espiño. A empresa recibirá unha indemnización de case 28.000 euros, correspondente ao 3% da obra deixada de executar.
FESTAS
Segue aberta a inscrición para participar no desfile do martes de Entroido
O Concello de Santiago mantén aberto o prazo de inscrición para participar no desfile do martes de Entroido, que se celebrará o próximo día 28. Como en anos anteriores, pódese participar nas modalidades de carroza, comparsa, grupo, parella e individual. As inscricións poden realizarse no Teatro Principal, en horario de mañá, ou a través do correo electrónico tprincipal@santiagodecompostela.gal.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a reparación da marquesiña de Xoán XXIII
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe a reparación urxente a acometer na marquesiña de vidro da avenida de Xoán XXIII. Dos traballos, que custarán 45.272,15 euros, encargarase a empresa Vidrotex Soluciones Integrales SL, que ten un prazo de dez días para asinar o contrato e despois iniciar os traballos.
XUNTA DE GOBERNO
En marcha a partir de marzo o proceso de admisión nas escolas infantís municipais
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, para o próximo curso 2017-2018. O prazo de presentación das solicitudes para a renovación de praza ou traslado será do 1 ao 10 de marzo, mentres que as solicitudes de novo ingreso haberá que presentalas entre o 15 de marzo e o 17 de abril.
HOMENAXE
O Concello colabora con El Patito Editorial nunha dobre homenaxe a Rosalía de Castro e a Narf
O Concello e El Patito Editorial colaboran nunha homenaxe a Rosalía de Castro e a Fran Pérez, Narf, que se celebrará o próximo día 21, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos. O acto foi presentado hoxe, nunha rolda de prensa na que participaron a tenente de alcalde, María Rozas, e os ilustradores Fausto Isorna e Xurxo Alonso.
PLENO
O Pleno aproba a adhesión de Santiago á Asociación de Concellos do Camiño Inglés
O Pleno da Corporación aprobou hoxe en sesión ordinaria a adhesión de Santiago á Asociación de Concellos para a promoción do desenvolvemento turístico do Camiño Inglés, cos votos favorables de todos os grupos municipais.
MOCIDADE
O Centro Xove da Almáciga acolle "Noites de Entroido", con Paula Carballeira
O Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga celebra o inicio do Entroido en Compostela cunha actuación a cargo de Paula Carballeira, dentro do ciclo Boas noites, xurdido ao abeiro dos Orzamentos Participativos en Mocidade.