PROMOCIÓN ECONÓMICA

Nova selección de alumnos para cursos do Plan FIP

22/06/2007

A Concellaría de Promoción Económica e Emprego levará a cabo, os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño, un novo proceso de selección de alumnos para cubrir as últimas vacantes nos cursos de cantería, carpintería, xardinería, fontanería e instalador de sistemas de enerxía solar térmica.

Leer más

COMERCIO

O Servizo de Asesoramento ao Comercio atendeu máis de 60 entrevistas desde a súa creación

21/06/2007

O Servizo de Asesoramento ao Comercio (SAC), pertencente á Concellaría de Promoción Económica e Comercio, atendeu 66 entrevistas con cita previa dende que empezou a funcionar, no mes de febreiro. As entrevistas teñen unha duración media de unha hora. Arredor do 60% das consultas foron realizadas por novos emprendedores. A maioría demandaban información sobre como elaborar un Plan de Empresa. O outro 40% correspondeu a consultas de comerciantes que, sobre todo, solicitaban estratexias para mellorar a captación de clientes, mediante...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Espazo Avanza achega as novas tecnoloxías a Compostela

20/06/2007

O aparcadoiro de autobuses de Salgueiriños acolle do 20 a o 24 de xuño a carpa do Espazo Avanza, un evento itinerante que está a percorrer as 17 Comunidades Autónomas para achegar a todos os cidadáns os últimos avances da tecnoloxía e da cultura dixitais. Haberá videoxogos, inchables e diversas actividades pensadas para o lecer tecnolóxico de todos. A iniciativa estrea en Compostela a súa particular campaña de verán.

Leer más
Compartir: