CULTURA

Compostela volverá a ser en outubro a capital internacional dos monicreques

09/08/2007

Do 1 ao 7 de outubro celebrarase en Compostela a XII edición de Galicreques, o Festival Internacional de Títeres. A celebración desta nova entrega do evento é posible grazas ao convenio de colaboración asinado entre o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, e Jorge Rey, da Asociación Cultural Barriga Verde, polo que o Concello achegará 15.000 euros.

Leer más

ALCALDÍA

Todos os aparcadoiros públicos en réxime de concesión cobrarán por minuto a partir de setembro

08/08/2007

Na súa última rolda de prensa antes das vacacións, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, informou que queda pendente de aprobación, para unha vindeira Xunta de Goberno no mesmo mes de agosto, a modificación do réxime tarifario dos aparcamentos públicos xestionados en réxime de concesión administrativa. En calquera caso, segundo dixo, a adaptación ao novo réxime de tarifas por minuto vai supor unha subida media dun 1,5% nos prezos.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello encomendará o mantemento dalgún dos novos parques públicos a persoas con discapacidade

07/08/2007

O presidente da Confederación Galego de Minusválidos, Anxo Queiruga, mantivo un encontro co alcalde compostelán, ao que lle plantexou algúns dos temas que preocupan á entidade. Sánchez Bugallo expresoulle a disposición municipal a traballar nestes temas e a ampliar mesmo esa colaboración a outros temas. Así, anunciou que antes de fin de ano, persoas con discapacidade poderán ocuparse do mantemento dalgún dos novos parques públicos da cidade.

Leer más

INFRAESTRUTURAS

Adxudicadas as obras de urbanización da rúa Berlín, en Fontiñas

06/08/2007

A Xunta de Goberno adxudicou as obras de urbanización da rúa Berlín, en Fontiñas, por un importe de 1.599.630 euros e un prazo de execución de tres meses. As obras afectarán aos vieiros, ás beirarrúas e mesmo ao mobiliario. A principal novidade será a creación dun carril para bicicletas.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

Visto bo á cesión gratuíta da parcela para a construción da nova residencia para terceira idade en Pontepedriña

06/08/2007

O Goberno local adoptou o acordo de cesión polo que se cede unha parcela de 4.650 metros cadrados para a construción dunha nova residencia da terceira idade en Pontepedriña. Esta superficie pasará á titularidade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, que a porá a disposición da Fundación José Otero-Carmela Martínez para a edificación do centro.

Leer más

DEPORTES

Máis dun millón de euros para o novo campo de fútbol de San Lázaro

06/08/2007

Nun prazo duns 10 meses estará lista a nova área deportiva de San Lázaro na súa fase primeira, na que se investirán 1.121.821 euros. O Goberno local adxudicou estas obras, que dotarán ao barrio dun novo campo de fútbol, provisto de gradas, vestiarios, un aparcadoiro de 69 prazas e unha pequena dársena de autobuses.

Leer más
Compartir: