ALCALDÍA
Recepción aos participantes na sexta edición da Regata Illas Atlánticas
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os participantes na VI edición da Regata Illas Atlánticas. Esta proba de barcos clásicos e de época celébrase os días 23, 24 e 25 de agosto.
XUNTA DE GOBERNO
Unha páxina web e unha publicación difundirán a historia e transcendencia do Castelo da Rocha Forte
A Xunta de Goberno, reunida en sesión ordinaria, adxudicou o contrato do servizo de difusión do xacemento arqueolóxico do Castelo da Rocha Forte, grazas ao cal se realizará unha páxina web e unha publicación sobre esta fortaleza.
URBANISMO
A praza de Vigo terá unha imaxe máis humanizada e contará cun parque infantil e cun circuíto biosaudable
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou a aprobación pola Xunta do Goberno do xoves 22 do proxecto de reforma da praza de Vigo. Grazas a esta actuación, a praza contará cun parque infantil, cun circuíto saudable e con axardinamento e mobiliario renovados. O orzamento da obra é de 145.200 euros.
ALCALDÍA
O alcalde falou co presidente da FEGAMP sobre o proxecto da Lei de Reforma Local
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi co alcalde de Ferrol e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), José Manuel Rey.
TURISMO
Santiago promociónase en Alemaña
Santiago, a través do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, participará esta fin de semana en Frankfurt (Alemaña) na segunda edición da Spanien am Main, a campaña de promoción que organiza Turespaña con motivo da celebración do 23 a 25 de agosto do Museumsuferfest.
VÍAS E OBRAS
A Casa de Brandía terá remodelada a súa segunda planta en novembro
O concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, anunciou a adxudicación na Xunta de Goberno do xoves das obras de rehabilitación da segunda planta da Casa de Brandía, utilizada na actualidade como Centro Sociocultural de Vidán.
ALCALDÍA
A selección española de baloncesto prepara o Eurobasket en Santiago e lembra as vítimas do accidente de Angrois
A selección española de baloncesto chegou a Santiago de Compostela para disputar o partido preparatorio do Eurobasket 2013 contra Macedonia. Pero antes da competición, o combinado nacional quixo lembrar as vítimas do accidente ferroviario do 24 de xullo.
ECONOMÍA
O Cersia acolle en setembro unha xornada formativa sobre motivación
O Departamento de Economía, dirixido pola concelleira Reyes Leis, comezará o mes de setembro organizando unha xornada formativa sobre motivación dentro do programa municipal Santiago Investors Support, que ten entre os seus obxectivos fomentar a cultura emprendedora na cidade.
ALCALDÍA
O alcalde solicitará a ADIF a construción dun parque recreativo en Angrois
Co inicio do novo curso político, o alcalde compostelán, Ángel Currás, quixo repasar algúns dos novos proxectos e actuacións previstas para os vindeiros meses. Nesta rolda de prensa anunciou unha próxima reunión co Ministerio de Fomento e con ADIF para falar sobre a construción dun parque infantil e recreativo na parroquia de Angrois.
OBRAS E MEDIO RURAL
O Concello inviste máis de 200.000 euros en rozas de vías do rural e fincas municipais
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, e o concelleiro encargado do seguimento do Medio Rural, Luis Meijide, deron conta das obras de rozas e limpeza no rural. A campaña iniciouse o 9 de agosto e permitirá actuar sobre 300.000 meros de pistas e estradas do municipio e sobre 125.000 metros cadrados de fincas municipais.