POLÍTICAS SOCIAIS
Inaugurada na praza do Obradoiro a exposición fotográfica "Refuxiados sen camiño", de Gabriel Tizón
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugurou a exposición Refuxiados sen camiños, do fotógrafo Gabriel Tizón, que a cidadanía poderá visitar na praza do Obradoiro durante este mes de abril. No acto, ao que asistiron outros integrantes da Corporación, tamén interviñeron o autor e un representante dos refuxiados, Zaid Alhamwy.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Sesión de contos e música para as familias compostelás dentro da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura
A Galería Sargadelos acolleu, no marco da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, unha sesión de contos e música para os nenos e nenas de Santiago de Compostela, que asistiron acompañados das súas familias.
ALCALDÍA
O alcalde asiste en Cuenca á Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou este sábado en Cuenca na Asemblea Xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España. O máximo órgano de goberno do Grupo aprobou por unanimidade o seu orzamento para 2016, que ascende a 990.000 euros. Ademais, na reunión púxose de manifesto que a situación económica da entidade está mellorando con respecto aos últimos exercicios.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local prevé licitar en abril o servizo do subministro eléctrico
Ao longo do mes de abril, o Goberno prevé sacar a licitación o subministro de electricidade, unha obriga que o Concello leva incumprindo desde 1997. Nese ano liberalizouse o sector da enerxía, e todas as administracións públicas tiñan a obriga de sacar a licitación o servizo para lle dar a oportunidade a outras empresas de prestalo, á marxe da antiga Unión Fenosa. No caso de Santiago, nunca se cumpriu ese requisito, e o servizo seguiuno prestando Gas Natural. Agora, tal e como anunciou hoxe o alcalde, estanse ultimando os pregos...
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Uns 7.000 escolares participarán na XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugurou esta mañá na Galería Sargadelos, a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, que este ano leva por título "Contos para despois da choiva", en referencia á obra de Miguel Rico gañadora do VIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. A dia de hoxe están inscritos nas diversas actividades 5.774 escolares, pero a previsión e alcanzar os 7.000 participantes.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Monográficos sobre agricultura e apicultura ecolóxicas en Villestro e Aríns
Xa está aberta a inscrición nos monográficos sobre apicultura e agricultura ecolóxicas que se realizarán, respectivamente, os días 23 e 30 de abril nos locais socioculturais de Aríns e Villestro. Están organizados polo Departamento de Centros Socioculturais da Concellaría de Acción Cultural e impartidos pola Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos (Apega).
POLÍTICAS SOCIAIS
Máis dun cento de persoas celebran na praza do Obradoiro o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, participou esta mañá no acto de celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, organizado polas once asociacións que integran a Federación Autismo Galicia.
ACCIÓN CULTURAL
A Concellaría de Acción Cultural colabora con Numax no ciclo "Os ollos verdes"
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o responsable da sala Numax, Ramiro Ledo, presentaron esta mañá a seguinte aula do ciclo Os ollos verdes. Fixérono acompañados do protagonista desta xornada, Ramón Lluis Bande, que ofrece a súa masterclass aberta ao público este sábado ás 11:30 horas.
ACCIÓN CULTURAL
Xestores e usuarios repensaron a cultura da cidade esta semana nun obradoiro organizado pola Concellaría de Acción Cultural
Xestores culturais do Concello e de diversas asociacións e entidades debateron esta semana arredor da situación da cultura na cidade nun obradoiro que organizou a Concellaría de Acción Cultural sobre mediación cultural. Celebrouse en quendas de mañá e tarde dende o luns e ata este venres no Local Sociocultural da Caramoniña, con asistencia de balde e baixo o título "Pensar a mediación cultural. Que flúa!".
ACCIÓN CULTURAL
Acción Cultural abrirá unha convocatoria de subvencións de apoio a actividades culturais
A Concellaría de Acción Cultural está traballando nas bases reguladoras dunha convocatoria aberta de subvencións de apoio, en metálico ou en especie, a actividades culturais para este ano 2016. Serán presentadas nos vindeiros días pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra.