SEGURIDADE CIDADÁ
Simulacro de emerxencias na Catedral
A Policía Local, o Servizo de Extinción de Incendios e Protección Civil realizaron un simulacro de emerxencia na Catedral compostelá. Nesta simulación, na que se probaron con éxito os protocolos de coordinación previstos para estes casos, participaron tamén efectivos de Cruz Vermella, 061, persoal de seguridade da Catedral e máis de 280 figurantes.
CONSORCIO
Música e espiritualidade na Semana Santa
Durante a Semana Santa, diferentes igrexas de Santiago de Compostela acollerán a sétima edición do Festival de Músicas Contemplativas, unha iniciativa cultural que une os conceptos de cultura e patrimonio a través da música. Unha serie de concertos, representativos de diversas sensibilidades culturais e espirituais, que xiran en torno á idea de trazar camiños e abrir diálogos entre pobos e culturas. O programa foi presentado en rolda de prensa pola xerente do Consorcio, María Antón, e o director-xerente do Auditorio...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais colaboran na recollida selectiva do aceite vexetal de fritura
Dez centros socioculturais están participando actualmente na recollida selectiva do aceite vexetal de fritura. Os CSC de Vite, Conxo, Castiñeiriño, Pontepedriña, Fontiñas, A Trisca, Amio, Villestro, Vidán e A Almáciga dispoñen de bidóns onde os veciños poden depositar o aceite vexetal de fritura usado.
CULTURA
O Mago Xacobe presenta en Santiago o seu novo espectáculo, "Feitizos e abraios"
O televisivo Mago Xacobe presenta en Santiago o seu novo espectáculo, Feitizos e abraios dentro ciclo Infantil & Familiar. Trátase dun show familiar de mediano formato no que combina os xogos máis participativos e cómicos co impacto das grandes ilusións. A función terá lugar o domingo 3 de marzo, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.
DEPORTES
Santiago acolle esta fin de semana a proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo
A praza do Obradoiro acolleu a presentación oficial de todos os pilotos que participarán na proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo (IV Memorial Eulo Albert), que se disputará nos circuítos habilitados no Monte do Gozo e no Estadio de San Lázaro o sábado 2 e o domingo 3 de marzo. Máis de 200 pilotos participarán nesta competición, que Santiago acolle por primeira vez.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
Para o sábado 2 e o mércores 6 de marzo están previstas dúas novas rutas didácticas do programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Cursos de finanzas persoais nos centros socioculturais do Ensanche e de Santa Marta
A Concellaría de Centros Socioculturais pon en marcha, en colaboración coa Asociación para a Formación en Finanzas(AFF), un curso monográfico co título Finanzas persoais: aprende a xestionar os teus cartos. Terá dúas entregas: unha no Centro Sociocultural do Ensanche, os días 2, 3, 5, 9, 10 e 12 de abril, en horario de 19:00 a 21:00 horas; e outra no CSC de Santa Marta, os días 4, 5, 6, 11, 12 e 13 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas.
ALCALDÍA
O Goberno local marca as liñas de actuación para os vindeiros meses
O Goberno municipal mantivo unha reunión de traballo na Casa Grande do Bachao (Santa Cristina de Fecha), para programar as liñas básicas de actuación dos vindeiros meses, de acordo á nova reordenación en áreas recentemente aprobada. O alcalde, Ángel Currás, presidiu esta xuntanza, na que se analizaron os principais proxectos en marcha.