CONSORCIO

O Consorcio destina 450.000 euros para un novo proxecto de iluminación da Alameda

06/02/2008

A Comisión Executiva do Consorcio, presidida polo alcalde e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo, acordou iniciar o proxecto de intalacións eléctricas e de alumeado público na Alameda por un importe de 450.000 euros. Este proxecto, que supón unha mellora no rendemento enerxético, adecuándoo ao cumprimento da normativa de aplicación en materia de aforro enerxético e contaminación lumínica, foi distinguido polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) cunha...

Leer más

EDUCACIÓN

A concelleira de Educación recibiu a 30 alumnos alemáns

04/02/2008

A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, recibiu en Raxoi a un grupo de 30 alumnos e alumnas de 15 e 16 anos das cidades alemás de Hammelburg e de Bad Kissingen, situadas cerca de Würzburg, na Baixa Franconia. O nome dos institutos é Jakob-Kaiser-Realschule e Staatliche Realschule Bad Kissingen.

Leer más

FESTAS

Medio cento de colectivos encherán as rúas de de música e cor no martes de Antroido

04/02/2008

Chega o momento de saír á rúa cos grandes deseños de Antroido que moitos composteláns levan preparando durante meses. No gran desfile do martes de Antroido, 30 comparsas, oito carrozas e centos de disfraces (de grupo, parella e individuais) percorrerán a cidade cos seus bailes e cantigas durante toda a tarde do martes 5. Ademais de vivir a ledicia do Antroido, os participantes poderán gañar atractivos premios en metálico.

Leer más

FESTAS

Os pregoeiros do Antroido deron o seu particular mitin de humor

03/02/2008

O Antroido de Compostela comezou cunha gran afluencia de público, que encheu a praza do Toural para ver a subida do Meco ao balcón do Pazo de Bendaña e gozar co humor retranqueiro do pregón deste ano, protagonizado por Camila Bossa, Iolanda Muíños e Luís Zahera.

Leer más
Compartir: