INCENDIOS
Os servizos de extinción do Concello interviron para sufocar 171 incendios no mes de agosto
Os lumes producidos no mes de agosto no termo municipal de Santiago obrigaron aos servizos de extinción do Concello a realizar 171 intervencións no mes de agosto, segundo os datos facilitados polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Xosé Baqueiro. A cifra contrasta cos 26 incendios rexistrados neste mesmo período do pasado ano e falan da intensidade da vaga incendiaria que afectou a unhas 1.100 hectáreas en Compostela.
ALCALDÍA
Compostela acolle a reunión preparatoria do XVI Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno
Responsables da área de Cooperación ao desenvolvemento e coordinadores nacionais de 22 Estados americanos e da península ibérica participan en Santiago na xuntanza preparatoria do XVI Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno, que se celebrará en novembro en Montevideo (Uruguai). Neste marco, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co Secretario Xeral Iberoamericano, Enrique Iglesias.
EXPOSICIÓN
O Museo do Pobo Galego amosa os últimos cen anos de arte española a través de 55 obras
A Fundación María José Jove inaugurou a exposición "Itinerarios Artísticos" no Museo do Pobo Galego de Santiago. A colección inicia así a súa andaina por Galicia nun ciclo que, durante os últimos catro meses de 2006, levaraa tamén ao Museo Provincial de Pontevedra e ao Centro Cultural da Deputación de Ourense. O acto de inauguración estivo presidido polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e contou coa presenza, entre outros, do conselleiro de Presidencia,...
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Novos cursos de lingua galega
Ábrese o prazo de inscrición para os cursos de lingua galega que convoca a Concellaría de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os cursos están destinados ao público en xeral, na súas modalidades de iniciación e perfeccionamento.
CURTOCIRCUÍTO
CurtoCircuíto na Rúa trae as mellores curtas internacionais de animación
O xoves 7 de setembro, na Praza de Cervantes, proxectarase unha selección das mellores curtas de animación a nivel internacional, as máis premiadas en festivais de todo o mundo. Esta é a oitava proxección semanal de CurtoCircuíto na Rúa, que, como cada xoves, xuntará ao público habitual nunha praza da cidade vella.
INCENDIOS
O Concello agarda o cambio meteorolóxico para levantar o dispositivo anti-incendios
Á espera de que o empeoramento do tempo permita un respiro na loita contra o lume, continúa activo o dispositivo contra os incendios do Concello de Santiago. Os servizos de Bombeiros, Protección Civil, Policía Local e Cruz Vermella, apoiados polas empresas municipais Cespa e Aquagest, seguen alerta e as reunións de coordinación continúan a celebrarse.
EDUCACIÓN
Continúan as actividades da Escola de Verán
Ata o venres 8 de setembro segue aberta a Escola de Verán, a proposta lúdica e formativa da Concellaría de Educación e Mocidade para estes últimos días de vacacións do verán. Nenos e nenas de seis a doce anos, e tamén de tres a cinco en Fontiñas, están a participar nesta iniciativa, que lles permite expresarse libremente, relacionarse e compartir experiencias.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O recinto feiral de Amio acollerá unha nova edición de Galicia Ornamental, a feira de planta ornamental máis importante do noroeste peninsular
Un ano máis o recinto feiral de Amio será a sede de Galicia Ornamental, un conxunto de eventos organizados pola Asociación Galega de Produtores de Plantas Ornamentais (ASPROGA), e que compoñen o máis importante certame deste sector dos que se celebran no noroeste peninsular. A feira, que conta coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, desenvolverase entre os días 8 e 10 de setembro.
PLENO
O Pleno extraordinario no que o Concello solicitará un crédito de 600.000 euros celebrarase o venres 8
O venres día 8 de setembro ás 13.30 horas terá lugar un pleno extraordinario no que o Concello solicitará un crédito de, aproximadamente, 600.000 euros para facer fronte aos gastos ocasionados polos incendios do pasado mes de agosto, segundo decidiu hoxe a Xunta de Goberno local.
XUNTA DE GOBERNO
Apróbase o proxecto definitivo de remodelación da Praza de Abastos
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto técnico definitivo de remodelación da Praza de Abastos, que ten un rozamento de 5,1 millóns de euros. Este proxecto, obra de Francisco Vidal, fora modificado a raíz das catas realizadas, nas que se descubriron restos arqueolóxicos, aínda que o cambio mantén as liñas orixinarias.