TURISMO
Concello, Renfe e Hostalería colaborarán en accións de promoción turística de Santiago e de fomento das viaxes en tren á cidade
Celebrouse en Raxoi o acto de sinatura do convenio de colaboración entre Turismo de Santiago, Renfe e a Asociación Provincial de Hostalería e Hospedaxe, co obxecto de realizar accións de marketing e comercialización para potenciar o posicionamento de Santiago como destino turístico e fomentar as viaxes en tren á cidade dende os principais mercados turísticos. Asistiron a ministra de Fomento, Ana Pastor; o alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Turismo, Reyes Leis; os presidentes de Hostalería,...
MERCADOS
Visita do alcalde e da ministra de Fomento ás obras do Mercado de Abastos
A ministra de Fomento, Ana Pastor, e o alcalde compostelán, Ángel Currás, visitaron ás obras de remodelación do Mercado de Abastos, unha actuación que executa o Ministerio de Fomento con cargo aos fondos do Programa de Rehabilitación Arquitectónica.
ALCALDÍA
Inauguración este domingo en Vista Alegre da praciña Saxo Tenor
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidirá o vindeiro domingo, 12 de xaneiro, ás 12:00 horas, o acto de inauguración da praciña Saxo Tenor, no barrio de Vista Alegre, en memoria de Roberto Vidal Bolaño. Dáse así cumprimento ao acordo unánime da Corporación adoptado no Pleno do 28 de novembro de 2013, polo que se designaba co nome desta obra -unha das máis emblemáticas do dramaturgo compostelán- esta praza, situada a carón da casa onde vivira.
CULTURA
Vinte e catro espectáculos teatrais, repartidos en 60 funcións, no primeiro semestre de 2014
Comeza unha nova temporada de teatro cunha variada oferta que inclúe tres estreas absolutas e con protagonismo das compañías galegas e de importantes compañías nacionais. Teatro de autor, comedias, dramas e dous grandes clásicos nos escenarios do Teatro Principal, Zona C, Sala Agustín Magán e Auditorio Novagalicia Banco. As entradas para todos os espectáculos están xa á venda na billeteira do Teatro Principal e para case todos tamén se poden mercar en