CULTURA
Odaiko rodea as súas percusións de amigos nun novo concerto do ciclo Sons 2013
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou Odaiko and friends acompañado de Juan Collazo, músico, director artístico e responsable da idea, unha proposta de percusión no Sons 2013. A cita é o sábado 9 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Publicada a listaxe de solicitudes admitidas para os cursos CELGA organizados pola Concellería de Normalización Lingüística
A Concellería de Normalización Lingüística fai pública a listaxe de solicitudes admitidas no CELGA 3. A data de inicio deste curso farase pública nas vindeiras semanas (non comezará o día 11 como estaba previsto inicialmente) e comunicarase, así mesmo, a cada un/unha dos/as solicitantes.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais renovan a súa imaxe na busca dunha maior eficacia comunicativa e do achegamento aos usuarios
A Concellería de Centros Socioculturais aposta pola implantación dunha nova identidade visual gráfica, co fin de facilitar a comunicación tanto interna como externa e mellorar o seu posicionamento comunicativo. Co lema "O centro es ti", o Departamento presenta novos logotipos, topografías e pautas cromáticas.
CULTURA
Miguel Costas presenta o seu disco "Alguien tenía que hacerlo" no Compostela Rock
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou, acompañado de Miguel Costas (e a súa banda) o concerto que estes ofrecerá no domingo 10 de marzo, ás 20:00 horas, na Sala Capitol, incluído no ciclo Compostela Rock. Acompañaranos nesta cita os composteláns Dr. Gringo.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago aproba un orzamento de 10 millóns de euros para 2013
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, presidiu a Comisión Executiva da entidade e o seu posterior Consello de Administración, no que se aprobou un orzamento de 10.033.686 euros para este exercicio 2013.
DEPORTES
Premios para os clubs de fútbol máis deportivos da temporada 2011-2012
O Zona Vella C.F. (2ª Autonómica), o Campo da Angustia C.F. (3ª Autonómica), a A.D.M Peleteiro (Xuvenil) e o Victoria C.F. (Cadete) foron os gañadores dos trofeos á deportividade da temporada 2011/12. O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu en Raxoi a entrega de trofeos.
DEPORTES
Iván Cervantes faise coa victoria na segunda xornada da proba inaugural do Campionato de España de Enduro
Os circuítos das inmediacións de San Lázaro e do Monte do Gozo acolleron a segunda xornada da proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo. Iván Cervantes foi o gañador desta segunda xornada de competición, tras a que se celebrou a entrega de premios, presidida polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local entregou as súas medallas
Con motivo da celebración do Patrón da Policía Local, o Santo Anxo da Garda, o Concello fixo entrega das medallas do Corpo e dos galóns de mérito a oito profesionais. O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu o acto.
CULTURA
Amancio Prada canta a Chicho Sánchez Ferlosio, Léo Ferré e Agustín Carcía Calvo
Amancio Prada, voz e guitarra, canta a tres libertarios: Chicho Sánchez Ferlosio, Léo Ferré e Agustín García Calvo. Un círculo vinculado pola amizade e o fervor dende os anos da utopía e o exilio. A cita, o sábado 2, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
Nenos de Roxos e Villestro descubriron a cidade a través do tren turístico
Cincuenta escolares do CEIP Roxos-Villestro participaron nunha visita no tren turístico, grazas a unha colaboración entre Turismo de Santiago e a Concellería de Educación. O alcalde, Ángel Currás, achegouse a saudalos.