ALCALDÍA
O Concello presta a súa colaboración para mediar e minimizar o dano laboral aos traballadores de Newco en Lavacolla
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu os representantes dos traballadores de Newco, empresa que prestaba o servizo de handling de Spanair no aeroporto de Lavacolla. Ante eles comprometeuse a facer todo o que estea na súa man para mediar e "minimizar do dano laboral" que a desaparición da compañía aérea lles poida ocasionar.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello estuda unha modificación da ordenanza de venda ambulante
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión ordinaria o listado definitivo de autorizacións de venda ambulante para o 2012. En relación a este tema, o Concello estuda unha modificación da ordenanza que regula este sistema de venda.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a soprano Laura Alonso
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi a soprano compostelá Laura Alonso.
MOBILIDADE
Listos os novos soportes informativos do servizo de transporte urbano
O concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez, comprobou in situ o novo sistema de información do transporte urbano. O detalle de todas as liñas, planos e horarios xa pode ser consultado nas marquesiñas, nos autobuses, a través de manexables folletos pregables e tamén mediante o teléfono móbil.
CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Un ano máis reivindicando a camelia
Os concelleiros de Cultura, Ángel Currás, e de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asistiron á inauguración da Festa da Camelia e da exposición que sobre esta flor se realiza no Centro Sociocultural da Rocha Forte.
TURISMO
O "Entroido da Ulla–Xenerais da Ulla" aspira a converterse en festa de interese turístico
O Pazo de Raxoi acolleu o acto de sinatura do protocolo de colaboración para a promoción conxunta do Entroido da Ulla – Xenerais da Ulla, no que participaron os oito Concellos nos que esta celebración tradicional ten máis calado: Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces. En Compostela, os Xenerais saen nas parroquias de Marrozos, Aríns e O Eixo.
DEPORTES
Encontro de Adrián Varela e Verónica Boquete cos escolares do Colexio La Salle
O Colexio La Salle acolleu unha charla do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e da futbolista internacional Verónica Boquete cos alumnos e alumnas do centro.
CULTURA
The Idan Raichel Project, Leilía e Pablo Milanés, próximos concertos de Sons 2012
O ciclo Sons 2012 traerá a Compostela nos vindeiros días a The Idan Raichel Project, Leilía e Pablo Milanés, acompañado por Andrés Suárez como teloneiro. Sons 2012 inaugurouse o xoves 2 cun concerto dos portugueses The Gift, que non defraudaron ante un Teatro Principal repleto de seguidores. Os tres próximos concertos serán todos no Auditorio de Galicia ás 21:00 horas e as entradas poden mercarse en Novagaliciabanco, Servinova, as billeteiras do Teatro Principal e nas do Auditorio o propio día dos concertos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Unha exposición en Fontiñas resume a historia do fútbol galego a través dos cromos
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugurou a exposición 50 anos de fútbol galego en cromos. A mostra estará aberta ata o 10 de febreiro no Centro Sociocultural das Fontiñas.
PLENO
O Pleno municipal aproba a modificación do cadro de persoal de 2011
O Pleno aprobou definitivamente nunha sesión extraordinaria, cos votos favorables do grupo do Goberno e o negativo dos dous grupos da oposición, a modificación do cadro de persoal de 2011, unha vez estudadas e rexeitadas as alegacións presentadas.