NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os nenos do Apóstolo Santiago inician a aventura do Conto viaxeiro, protagonizada por un ourive compostelán
Esta semana comezou a andaina do Conto viaxeiro, unha actividade organizada pola Concellería de Normalización Lingüística e dirixida a nenos e nenas de 1º e 2º ciclo de educación primaria.
CULTURA
Berrobambán estrea ‘Avestruz en terra allea’ dentro do ciclo Teatro&Danza
As entradas, a 10 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h) ou en Novagalicia Banco (web e teléfono)
RELACIÓNS VECIÑAIS
Relacións Veciñais programa un novo paquete de excursións para as asociacións do rural
A Concellaría de Relacións Veciñais, dirixida polo concelleiro Francisco Noya, promove por terceiro ano consecutivo o programa "Imos coa asociación", que ten como finalidade poñer a disposición das asociacións de veciños do ámbito rural de Santiago unha oferta específica de excursións organizadas que permitan o encontro e a convivencia entre a veciñanza das parroquias
DEPORTES
A segunda proba do Campionato BTT Cidade de Compostela percorrerá as rúas de Santiago o 10 e 11 de maio
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a I BTT 24 horas, unha proba de resistencia en bicicleta organizada por Imaxson Sports e coa que colabora o Concello de Santiago e o Club Btt Ultreia.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
A cafetería da Alameda estará en funcionamento para as festas da Ascensión
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou a obra acompañado pola concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, e o arquitecto enargado da obra, César Coll. Os traballos continúan a bo ritmo, co obxectivo de que o novo edificio estea rematado en maio, coincidindo coas festas da Ascensión.
DEPORTES
Santiago acollerá o domingo 13 de abril o "MediaSan do Camiño", cita novidosa no calendario de probas atléticas
O medio maratón "MediaSan do Camiño" unirá os concelllos do Pino e Santiago discorrendo pola última etapa do Camiño. O evento foi presentado en rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela; o alcalde do Pino, Manuel Taboada; José Manuel Blanco, relacións externas de El Corte Inglés; e Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo.
FESTAS
A Concellería de Festas trae os británicos Crystal Fighters para o Apóstolo
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou un dos concertos estrela das vindeiras Festas da Apóstolo: os británicos Crystal Fighters, que actuarán na Praza da Quintana o 26 de xullo no único concerto que dan en Galicia.
URBANISMO
O Concello recupera a praza de Galicia como espazo de ocio cun parque infantil
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo asistiron á apertura da nova área infantil na Praza de Galicia, que se recupera como espazo de disfrute para a cidadanía e non só como zona de paso. O parque pechará co horario da praza para preservar o seu bo uso.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a convocatoria do programa de axuda á creación de novas empresas Santiago Investors Support
Na súa sesión ordinaria, a Xunta de Goberno aprobou a convocatoria de axudas no marco do programa "Santiago Investors Support" para a creación de novas empresas cun orzamento global de 100.000 euros. Tamén se adxudicou o servizo de mantemento e reparación das instalacións de seguridade dos centros socioculturais de forma conxunta, o que suporá un aforro do 20% e formalizouse a cesión á USC de terreos para os centros CEBEGA e CIMUS
PLENO
O Pleno dá luz verde ao convenio de colaboración para a promoción turística conxunta dos concellos de Área Santiago
O Pleno da Corporación aprobou na súa sesión ordinaria de marzo o convenio marco de colaboración para a xestión compartida da promoción turística conxunta dos concellos de Área Santiago. Tamén deu o visto bo á modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal relativa ao incremento de densidade dos solos urbanizables non delimitados.