XUVENTUDE
Os grupos gañadores de "MúsicaXove 2009" presentan o seu disco recompilatorio
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentará o xoves 2 de decembro, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, o CD recompilatorio cos temas que os gañadores do II Certame de MúsicaXove interpretaron nas súas finais da Sala Capitol. No acto tamén participarán compoñentes dos grupos musicais e estará o director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concurso de Novas Ideas Empresariais premia seis proxectos con 24.000 euros
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os proxectos premiados en cada unha das seis modalidades do Concurso de Novas Ideas Empresariais Compostela Activa 2010. Este programa, enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa, ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o Consello Executivo do programa EducaRed
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o Consello Executivo de EducaRed, que se reúne en Compostela os días 25 e 26 de novembro. Neste órgano están representados sindicatos docentes a nivel estatal, asociacións de pais e nais, patronais educativas e a Fundación Telefónica.
ALCALDÍA
O alcalde di que os datos de outubro "explican ben ás claras cal é o peso de Santiago de Compostela como porta de entrada do turismo en Galicia"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, valorou os datos do Instituto Nacional de Estatística relativos ás pernoctacións do mes de outubro. Cualificou estes datos como "extraordinarios" e indicou que os mesmos "explican ben ás claras cal é o peso de Santiago como porta de entrada do turismo en Galicia".
ALCALDÍA
O presidente da Xunta será o delegado rexio na Ofrenda da Translación e no acto de Peche da Porta Santa
Segundo lle comunicou a Casa Real ao alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, será o delegado rexio tanto no acto da Ofrenda de Translación dos restos do Apóstolo de 2010, que terá lugar o xoves 30 de decembro, como no acto de Peche da Porta Santa, o venres 31 de decembro.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde coa Asociación de Veciños de Guadalupe
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión coa xunta directiva da Asociación de Veciños de Guadalupe. Estivo acompañado por Guadalupe Rodríguez, concelleira de Participación Cidadá, e por Bernardino Rama, concelleiro de Obras e Infraestruturas.
IGUALDADE
Os maltratadores, sen lugar nos locais de hostalería de Santiago de Compostela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín; e o presidente da sección de Restauración da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago de Compostela e Comarca, Jesús Sordo, asistiron ao acto organizado pola devandita Concellería con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Na sede da organización hostaleira repartiuse material baixo o lema "Neste espazo non maltratadores" para colocar nos locais.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
"Muller Luz", unha aposta teatral pola esperanza na Casa das Asociacións
A Concellería de Participación Cidadá quixo unirse aos actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Farao coa representación, o sábado 27 de novembro, na Casa das Asociacións, da obra Muller Luz, a cargo do colectivo Femenino Plural.
IGUALDADE
Entregados os premios do Concurso "Educando na convivencia en igualdade"
Como parte dos actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, celebrouse no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche a entrega de premios do X Concurso Educando na convivencia en igualdade, baixo o lema "A miña visión sobre a violencia de xénero.
CULTURA
Cineuropa propón o maratón máis longo e perturbador da súa historia
Cineuropa propón este ano o maratón máis longo das súas 24 edicións e, é posible, que o máis perturbador. Este é dobre desafío do maratón de cine que se iniciará o sábado 27 de novembro, a partir das 20:45 horas, no Teatro Principal.