ALCALDÍA
Conta atrás para o concerto de Helloween no Multiúsos
O Multiúsos de Sar acollerá o próximo 8 de decembro un concerto dos alemáns Helloween, dentro da súa xira de reunión Pumpkis United. As entradas están á venda a través da rede Ticketmaster (Fnac, Viaxes Halcón, Carrefour) e en Ataquilla.com.
ACCIÓN CULTURAL
Florian Henckel álzase por segunda vez co Premio do Público de Cineuropa
Florian Henckel gañou o premio do público e unha das ovacións máis prolongadas do festival con A vida dos outros en 2006. Doce anos tiveron que pasar para o seu agardado regreso con outro drama en tempos de fronteiras e coa arte como mecanismo de guión que representa esa pugna entre a liberdade e a opresión, entre a memoria e o soterramento. Con todo, o público de Cineuropa volveu recoñecer o bo facer do cineasta outorgándolle a Obra sen autor a mellor puntuación dos filmes que conforman a.../em>
ACCIÓN CULTURAL
Nace o programa "FestAlegre", con dez espectáculos de diferentes disciplinas en seis escenarios da cidade
Dez espectáculos de circo, danza, música e teatro en seis escenarios diferentes. É a proposta da Concellaría de Acción Cultural no programa FestAlegre, que se vai desenvolver na semana do 17 ao 23 de decembro e que será financiado con cargo aos Orzamentos Participativos Compostela Decide.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu a Jean-Pierre Sauvage, Premio Nobel de Química en 2016
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o Premio Nobel de Química en 2016, Jean-Pierre Sauvage, quen asinou no Libro de Honra da Cidade
ALCALDÍA
Nove concellos colaborarán na delimitación do itinerario cultural a Compostela da ría de Muros-Noia
O Pazo de Raxoi acolleu hoxe o acto de sinatura do convenio de colaboración entre nove concellos, entre eles Santiago, para a delimitación do itinerario cultural a Compostela da ría de Muros-Noia. O acordo foi subscrito por Martiño Noriega, xunto cos alcaldes de Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son e Rois.
ALCALDÍA
Alcaldes da Mancomunidade hondureña NASMAR visitan o Pazo de Raxoi
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu esta mañá a recepción a un grupo de representantes da Mancomunidade NASMAR, en Honduras, que se atopan en Compostela para participar nun foro aberto de intercambio de experiencias da xestión pública da auga. No acto participaron tamén a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e representantes de todos os grupos da Corporación.
NADAL
O Nadal chega a Compostela co acendido da iluminación e a apertura da pista de xeo
O Nadal chega nestes días a Santiago co acendido da iluminación de Nadal, mañá xoves, e a apertura da pista de xeo da Alameda, o próximo 1 de decembro.
ACCIÓN CULTURAL
Un total de 36 entidades profesionais e sen ánimo de lucro benefícianse da convocatoria aberta de axudas culturais
Un total de 36 entidades, 14 delas profesionais e outras 22 sen ánimo de lucro, vanse beneficiar da convocatoria aberta de axudas de apoio a procesos e actividades culturais impulsadas pola Concellaría de Acción Cultural. En total, repartiranse 150.000 euros. A concelleira Branca Novoneyra mostrou a súa satisfacción co resultado desta convocatoria, que "supón un importante cambio na política de axudas á cultura que aposta pola concorrencia competitiva".
TURISMO
O Mercado da Estrela volve os días 14, 15 e 16 de decembro co programa de actividades máis amplo de todas as súas edicións
A tenente de alcalde, María Rozas, deu conta esta mañá dunha nova edición do Mercado da Estrela, que se celebrará na nosa cidade os días 14, 15 e 16 de decembro. Na rolda estivo acompañada da directora do Mercado da Estrela, Mónica Mejías; a xerenta de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, a xerenta da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; o presidente da Cooperativa Paco & Lola, Carlos Carrión; o responsable de Bodegas Lodeiros, Pablo Lodeiros, e a directora de comunicación de...
MEDIO AMBIENTE
Iniciados os traballos de acondicionamento das hortas urbanas das Hortas
Esta mañá comezaron os traballos de acondicionamento das novas hortas urbanas de Campo das Hortas, para os que se prevé un prazo de mes e medio. Neste espazo haberá un total de 53 hortas, cunha extensión total de 4.112 metros cadrados. O obxectivo do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, é que os terreos empecen a ser cultivados polos seus adxudicatarios e adxudicatarias ao longo do mes de marzo.