MOCIDADE

Concello e Don Bosco favorecen o intercambio intercultural entre mozas e mozos europeos

26/09/2007

O concelleiro de Mocidade, Xosé Baqueiro, e o director da Escola de Tempo Libre Don Bosco, Francisco Rodríguez, asinaron o convenio que permite renovar o Servizo Local do que agora se chama Programa Europeo "Xuventude en acción". Esta iniciativa de voluntariado permite aos mozos e mozas do continente realizar intercambios a través da súa participación en programas interculturais e da aprendizaxe de linguas.

Leer más

CULTURA

Paul Daniel dirixe á Real Filharmonía na Catedral

26/09/2007

Como xa ven sendo habitual, a temporada do Auditorio de Galicia comeza cun concerto da Real Filharmonía na Catedral. Nesta ocasión dirixe o británico Paul Daniel, e como solistas actúan catro mulleres violinistas, pertencentes á propia orquestra. A cita é o xoves 27, ás 21:30 horas, con entrada libre, previa retirada das invitacións, o mesmo día, no Teatro Principal.

Leer más

CULTURA

Unha mostra retrospectiva no Auditorio exhibe a completa traxectoria artística do compostelán Quintana Martelo

26/09/2007

A sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia acolle unha retrospectiva do artista compostelán Quintana Martelo, composta por sesenta obras, que se completa cunha intervención na Igrexa da USC, na que o artista recrea o seu propio estudio. A mostra, inaugurada polo concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, estará aberta ata o 9 de decembro.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde agarda que a Cidade da Cultura sexa "o éxito que toda Galicia merece"

25/09/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, realizou unha visita guiada á Cidade da Cultura na compaña de boa parte da Corporación local, dos membros do Consello Económico e Social e das institucións máis representativas da cidade. Todos eles puideron coñecer polo miúdo o proxecto arquitectónico e cultural e ver o estado das obras.

Leer más

CULTURA

Sarabela Teatro trae ao Principal unha "vigorosa" versión de "Macbeth"

25/09/2007

Despois de ano e medio sen vir a Santiago, chega de novo ao Teatro Principal a compañía Sarabela Teatro. Nesta ocasión trae outro clásico de William Shakespeare, nesta ocasión nunha versión adaptada por José Ramón Fernández e dirixida por Helena Pimenta, unha especialista na dirección de clásicos.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O desenvolvemento local, a debate en Compostela

25/09/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a primeira asemblea da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (REDEL), que se celebrará no Auditorio de Galicia, en Santiago, os días 27 e 28 de setembro. No encontro repasarase o proceso de formulación da rede (estatuto e proceso de constitución) e concretaranse as accións contempladas no Plan de Actuación 2007.

Leer más
Compartir: