ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
Continúan as xuntanzas preparatorias para a implantación da administración electrónica
O persoal municipal segue preparándose para a implantación da Administración Electrónica, o proxecto de modernización máis importante da historia recente do Concello de Santiago. Este mediodía celebrouse unha reunión de traballo da empresa provedora do servizo, T-Systems, coas xefaturas dos diferentes departamentos municipais.
MOCIDADE
O programa "Boas Noites" trae de novo unha morea de actividades os xoves e venres de novembro
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou o programa Boas Noites, unha das actividades máis votadas no proceso de orzamentos participativos do 2018, e que leva xa tres edicións. Na rolda estivo acompañada de Nerea Couselo, da empresa Xandobela, e de Hadrián Rei, da Asociación Cultural e Xuvenil Itaca, encargada de propoñer e desenvolver esta actividade.
CONSORCIO
O trompetista galego Yael Fiuza, integrante da orquestra da Ópera Alemá de Berlín, formará a músicos/as noveis de Galicia
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, o trompetista galego Yael Fiuza formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos/as externos/as interesados/as en perfeccionar a súa interpretación con este instrumento.
CONVIVENCIA
O Goberno compostelán reclama medidas excepcionais para ampliar o persoal da Policía Local
A tenenta de alcalde, María Rozas, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reuníronse hoxe en Madrid co director xeral da Función Pública, Javier Rueda. Foi para solicitar "que se estuden solucións excepcionais para que Santiago poida contratar máis policías locais, tendo en conta as características especiais da cidade e o reto que suporá o Xacobeo 2021, tamén en materia de seguridade". Na xuntanza, Rueda mostrouse sensible coas peticións de Santiago e comprometeuse a analizar as...
ACCIÓN CULTURAL
"La noche de 12 años", de Álvaro Brechner, inaugura a 32ª edición de Cineuropa
Mañá mércores 7 de novembro, dará comezo ás 20:00 h, no Teatro Principal, a cerimonia de apertura da 32ª edición de Cineuropa, dando así o pistoletazo de saída a 22 días co mellor cine do último ano. O acto inaugural, que será conducido por Moncho Lemos, contará coa presenza do alcalde, Martiño Noriega, e da vicepresidenta da Deputación de Coruña, Goretti Sanmartín. Así mesmo, o director do festival, José Luis Losa, analizará a programación...