MOCIDADE
Máis de 200 músicos e músicas participarán este sábado na terceira edición do festival Rock is Dead
05/09/2017
Leer más
A III Edición do festival Rock is Dead foi presentada este martes por Noa Morales, concelleira de Mocidade, e por Iago Otero, representante da entidade organizadora, Mad Ghost. Esta nova edición celebrarase no parque de Belvís este sábado 9 de setembro, a partir das 13:00 horas. Ademais de música, haberá moitas máis actividades.